Optimización do aprovisionamento e xestión de stocks
Este curso serve como punto de partida para o desenvolvemento de plans de acción concretos que optimicen o aprovisionamento e a xestión de  stocks e contribúan a unha xestión máis eficaz e eficiente da empresa. 
 Obxectivos:
 O obxectivo deste curso é desenvolver unha serie de técnicas sinxelas que permitan aos asistentes:
  - Coñecer a implicación do valor das existencias na rendibilidade da empresa
  - Realizar aprovisionamentos eficaces
  - Determinar o modelo de xestión de stock adecuado á súa empresa e a metodoloxía de aplicación
  - Optimizar e controlar o stock 
  - Efectuar unha correcta clasificación operativa e funcional dos stocks
  - Cuantificar os niveis de inventario
  - Aprender a determinar os requirimentos e especificacións da xestión de  stocks máis adecuados aos produtos e/ou servizos da súa empresa
  - Implementar  KPI´s e cadros de mando eficaces
  - Mellorar o servizo ao cliente mediante a implementación eficiente de políticas de aprovisionamento e  xestión de stock 
  - Incrementar a eficacia da proposta de valor da empresa desde o punto de vista da xestión de inventarios
   
  MODALIDADE: presencial
 DURACIÓN:14 horas
 DATA INICIO: 21/05/2018
 LUGAR DE CELEBRACIÓN: sede Feuga (Santiago de Compostela) 
 HORARIO: Día  21, de 09:30 a 14:30 y de 16:00 a 19:00 hs
 Día  22, de 09:00 a 15:00 hs 
Programa:
1.O FLUXO DOS MATERIAIS. 
 2.FUNCIÓN DOS APROVISIONAMENTOS.
 3.FACTORES QUE CONDICIONAN O APROVISIONAMENTO. 
  4.OBXECTIVOS E RESPONSABILIDADES. 
  5.CENTRALIZACIÓN OU DESCENTRALIZACIÓN. 
  6.CUMPRIMENTO DE PRAZOS. 
  7.FUNCIÓNS DOS  STOCKS. 
  8.RENDIBILIDADE ECONÓMICA. RELACIÓN CO STOCK. 
  9.ÍNDICE DE ROTACIÓN. ÍNDICE DE COBERTURA. INTERPRETACIÓN E RELACIÓNS. 
  10.ANÁLISE ABC (PARETO) DE CONSUMOS, STOCKS E CRUZADO. 
  11.EXEMPLOS DE ÍNDICE ROTACIÓN, COBERTURA E ABC. 
  12.TÉCNICAS DE PREVISIÓN: MEDIAS MÓBILES, REGRESIÓNS, ALISADO EXPONENCIAL. 
  13.EXEMPLOS DE CÁLCULO. 
  14.ALMACENAMENTO: CONCEPTO E NECESIDADE. FUNCIÓNS. 
  15.TRATAMENTO DE OBSOLETOS E SOBRANTES. 
  16.XESTIÓN DE  STOCKS. O SISTEMA DAS DÚAS CAIXAS. 
  17.CUSTOS DE TENENCIA. CUSTOS DE CARENCIA. 
  18.CUSTO TOTAL MÍNIMO. 
  19.LOTE ECONÓMICO. FÓRMULA DE WILSON. LIMITACIÓNS. 
  20.SISTEMAS DE  REAPROVISIONAMIENTO: PUNTO DE PEDIDO, PERÍODO FIXO E COCIENTE CRÍTICO. 
  21.EXEMPLO DE PEDIDO CÍCLICO. 
  22.FACTORES QUE INCREMENTAN O STOCK. 
  23.A XESTIÓN DE STOCK EFICAZ. 
  24.SISTEMAS PARA MINIMIZAR  STOCKS:  J.I.T., MRP,... 
  25.POR QUE MANTER OS  STOCKS? CAUSAS E REMEDIOS.
Responsables de planificación e inventario, seguimento de compras,… - Mandos intermedios de áreas loxísticas e operativas - Xestores de stocks e/ou aprovisionamento - Técnicos e profesionais que desenvolvan o seu labor profesional en almacéns - Persoal de recente incorporación a funcións de planificación de materiais, compras, aprovisionamentos, loxística e produción
 
 
 
    
 






