Plan de Emprego Local. Deputación da Coruña
A Deputación da Coruña convoca a sétima edición dos Premios PEL: Premios ás mellores iniciativas empresariais da provincia (PEL-EPR PREMIO 2025), un galardón incluído entre as accións de incentivos á calidade e á innovación da idea empresarial do Plan de Emprego Local (PEL) co que se pretende recoñecer ás mellores iniciativas empresariais da provincia da Coruña, fomentando a súa imaxe positiva e realzando o seu papel fundamental como xeradoras de riqueza, emprego e benestar, contribuíndo á súa sustentabilidade, fomentando a cultura emprendedora e potenciando o rural.
Cun orzamento total de 75.000 euros, os premios están dirixidos a pequenas e medianas empresas, microempresas e persoas autónomas con domicilio fiscal nun concello da provincia da Coruña.
Desde o ano 2016 os Premios PEL distinguen, dan visibilidade e poñen en valor aquelas iniciativas empresariais que impulsen cambios reais no ámbito socioeconómico e deixen a súa pegada no territorio.
Considerado como un dos premios de maior dotación económica, recoñecen ás mellores iniciativas empresariais da provincia, fomentando a súa imaxe positiva e realzando o seu papel fundamental como xeradoras de riqueza, emprego e benestar, contribuíndo á súa sustentabilidade, fomentando a cultura emprendedora e potenciando o rural.
Pequenas e medianas empresas, microempresas e persoas autónomas con domicilio fiscal nun concello da provincia da Coruña poden presentarse a algunha das categorías establecidas ou ser nominadas polo Xurado de persoas expertas.
Máis de 460 entidades teñen presentado a súa candidatura ao longo das súas seis primeiras edicións, entre as que se repartiron un total de 422.000 euros en premios.
En definitiva, a VII edición dos Premios PEL pon de manifesto a forte aposta que está a realizar a presente corporación provincial polo emprendemento, polo fortalecemento do tecido empresarial, pola innovación no emprego e pola dinamización do rural, como peza clave no desenvolvemento económico da provincia e motor da nosa economía.
Nesta edición outorgaranse 20.000 euros á candidatura gañadora de cada unha das tres categorías seguintes:
1ª CATEGORÍA: Premio "Iniciativa emprendedora". Dirixida a recoñecer a labor das pequenas e medianas empresas, microempresas e persoas autónomas que iniciaran a súa actividade empresarial nas anualidades 2023, 2024 ou 2025.
2ª CATEGORÍA: Premio "Traxectoria empresarial". Destinada a recoñecer a labor das pequenas e medianas empresas, microempresas e persoas autónomas que comezasen a súa actividade empresarial durante a anualidade 2022 ou con anterioridade.
3ª CATEGORÍA A PROPOSTA DO XURADO: Premio "Proxección e innovación sostible". Sen postulación previa de candidaturas.
No caso de que o Xurado considere que algunha empresa que non chegou a obter o premio en calquera das tres categorías, teña demostrado méritos destacados, poderá outorgar ata tres accésits por valor de 5.000 euros brutos cada un.
A participación só poderá realizarse mediante a presentación telemática da documentación, a través da plataforma Subtel.
O prazo de presentación de candidaturas permanecerá aberto ata o 16 de maio ás 14.00 horas.
-Certificado de situación censual actualizado, expedido pola Axencia Estatal da Administración Tributaria.
-No caso de empresarios/as individuais informe da vida laboral actualizado expedido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social onde figure a data de alta no RETA, colexio ou mutualidade correspondente.
-No caso de microempresas, pequenas e medianas empresas, a escritura de constitución da entidade e as súas modificacións ou variacións posteriores no caso de que as houbera, ou calquera outro documento análogo no que figuren os estatutos, estipulacións ou contratos privados, así como a súa inscrición no rexistro público correspondente.
-Declaración das axudas recibidas en réxime de minimis (anexo dispoñible en SUBTeL).
-Certificacións das administracións tributarias correspondentes e da Tesourería da Seguridade Social nas que se acredite que a entidade está ao corrente nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social. Poderá omitirse a presentación desta documentación sempre que autorice expresamente na Plataforma SUBTEL a consultas tributarias e non se opoña á consulta destes datos Non se terán por presentados o anexo de memoria de candidatura nin a documentación en formato papel, nin fóra do prazo de presentación establecido na convocatoria, constituíndo a súa presentación en tempo e forma un requisito esencial do procedemento, cuxa ausencia non poderá ser emendada. No caso de que a memoria presentada exceda esta extensión non se valorarán as páxinas que nela figuren a partir da oitava, esta incluída. Exclúense do cómputo as páxinas que complementen a memoria, como os índices, as portadas e os anexos.
Poden participar neste premio pequenas e medianas empresas, microempresas e persoas autónomas con domicilio fiscal nun concello da provincia da Coruña.
