• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

SUBVENCIONS PARA O DESENVOLVEMENTO DE PROXECTOS AUDIOVISUAIS GALEGOS

Axencia Galega das Industrias Culturais

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais galegos e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento CT207B).

Determinar as condicións polas cales se regulará a concesión das axudas no ano 2024, da Axencia Galega das Industrias Culturais para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais galegos, entendendo por estes o conxunto de accións e tarefas relacionadas coa fase previa ás producións, dentro do período subvencionable, de proxectos de longametraxes e series de ficción, animación ou documental.

Proxectos subvencionables e categorías de proxectos

Serán obxecto de subvención aqueles proxectos audiovisuais sobre os que realizar traballos previos ao momento da produción da obra, entendendo como tales os relacionados co guión, financiamento, venda e distribución, xestión de dereitos, investigación, elaboración de materias promocionais e outros adheridos ás actividades propias da fase de desenvolvemento anterior á rodaxe. O destino último dos ditos proxectos audiovisuais será a súa produción para a distribución cinematográfica ou a difusión en televisión e/ou plataformas de servizos de vídeo baixo demanda de ámbito nacional e internacional, debendo poderse encadrar nalgunha das categorías seguintes:

A-Proxecto de longametraxe cinematográfica de ficción.

B-Proxecto de longametraxe cinematográfica de animación.

C-Proxecto de longametraxe cinematográfica documental.

D-Proxecto de serie de ficción ou animación. E-Proxecto de serie documental.

Documentación requerida

As persoas interesadas deberán achegar xunto coa solicitude (anexo II) a seguinte documentación, que terá a consideración de obrigatoria para os efectos de admisión de solicitudes:

1.1. Certificado do acordo social da solicitude da axuda ou da autorización da persoa que a asine en nome da entidade, se a persoa solicitante é persoa xurídica.

1.2. Estatutos rexistrados e escrituras de constitución inscritos no rexistro mercantil ou o que corresponda, se a persoa solicitante é persoa xurídica. 1.3. Documentación que acredite suficientemente a representación de quen asina a solicitude.

1.4. Documentación acreditativa de que a entidade solicitante ou o/a autor/a con que teña asinado o acordo para as tarefas de desenvolvemento posúe os dereitos suficientes do guión, obra literaria ou calquera outro medio que requira a obtención de dereitos ou opción de compra sobre eles.

1.5. Acordo asinado co/coa guionista e/ou director/a para a realización das tarefas de desenvolvemento. Toda a documentación anterior terá a consideración de obrigatoria para os efectos de admisión de solicitudes.

 

As persoas solicitantes deberán presentar un dossier do proxecto en formato de documento único indexado segundo a mesma orde de numeración e nomenclatura, que conteña os seguintes puntos:

2.1. Datos identificativos do proxecto: título, xénero, versión lingüística orixinal da obra, custo de produción estimado. Deberán constar os nomes das persoas responsables da produción executiva, guión e dirección, indicando se están vinculadas profesionalmente con Galicia.

2.2. Descrición das intencións artísticas e creativas por parte do/da autor/a, así como das referencias, aspectos singulares, e outros que se consideren relevantes.

2.3. Descrición dos valores de produción do proxecto, orzamento de produción estimado, viabilidade de financiamento e realización, descrición das audiencias obxectivo, intencións en canto a coprodución e distribución e outros aspectos que se consideren relevantes.

2.4. Estratexia de desenvolvemento, cronograma de realización dos traballos, relación e currículo dos/das profesionais propostos/as para levar a cabo os traballos de desenvolvemento do proxecto.

2.5. Sinopse argumental cunha extensión máxima dunha páxina.

2.6. Guión ou tratamento secuencial do proxecto cando se trate dunha longamentraxe de ficción ou animación, que deberá ter un mínimo de 10 páxinas. Cando se trate dunha longametraxe documental, poderase entregar un tratamento ou unha escaleta. No caso das series de ficción, animación ou documentais, haberá que achegar, xunto co guión ou o tratamento secuencial do primeiro capítulo, un mapa de tramas. No caso de proxectos que obtivesen subvención á escrita de guión por parte da Axencia Galega das Industrias Culturais, haberá que presentar o guión en lugar do tratamento.

 

3. Orzamento de gastos de desenvolvemento do proxecto segundo o modelo do anexo III.

 

4. Ficha do proxecto segundo o modelo do anexo IV.

 

5. Voluntariamente, poderase achegar unha ligazón a unha presentación do proxecto a cargo do/da autor/a do proxecto.

 

6. Calquera outra documentación que a persoa solicitante considere pertinente para unha mellor defensa do proxecto.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

Poderán optar a estas subvencións todas as persoas físicas ou xurídicas constituídas como produtoras audiovisuais independentes e dadas de alta na epígrafe IAE 961.1, que teñan, cando menos, un ano de antigüidade e un ano de actividade sen interrupcións no momento da publicación da presente convocatoria. Ademais, deberán ter unha sucursal ou oficina permanente de, polo menos, un ano previo a esta convocatoria na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea e desenvolver a súa actividade habitual en Galicia.

Por produtora audiovisual independente enténdese, para os efectos desta convocatoria, toda persoa física (autónoma) ou xurídica privada, que teña a iniciativa e asuma a responsabilidade na produción audiovisual e non sexa obxecto de influencia dominante por parte dun prestador de servizo de comunicación/difusión audiovisual nin dun titular de canal televisivo privado nin, pola súa parte, exerza unha influencia dominante, tal e como establece a Lei 55/2007, do 28 de decembro, do cinema, artigo 4.n).

Quedan excluídas desta convocatoria as agrupacións de interese económico.

Requisitos

A persoa solicitante deberá ter, cando menos, un acordo ou precontrato cun director e/ou guionista para o desenvolvemento do proxecto audiovisual.

Ademais, a persoa solicitante deberá posuír, cando menos, a opción de compra sobre os dereitos de propiedade intelectual do concepto, tema, tratamento, guión ou biblia dos contidos que se presentan ou os dereitos de adaptación, cando se trate de obras preexistentes. No caso de existir acordos de co desenvolvemento entre empresas produtoras, aceptarase unha repartición equitativa de dereitos entre elas. A posesión dos dereitos deberá ter unha duración mínima suficiente para cubrir todo o cronograma de desenvolvemento do proxecto.