• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

SUBVENCIONS Á CREACION AUDIOVISUAL

Axencia Galega das Industrias Culturais

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de subvencións á creación audiovisual para a promoción do talento audiovisual galego e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento CT207E).

O apoio á creación de obras audiovisuais con decidida vocación artística e cultural e, en concreto, a realización de curtametraxes a cargo de creadores/as individuais, e a posprodución de curtametraxes e realización de longametraxes a cargo de empresas individuais ou produtoras, e proceder á súa convocatoria para o ano 2024.

 

Modalidade A: subvencións a curtametraxes. Esta modalidade consta de dúas submodalidades: A1: axudas a curtametraxes sobre proxecto en versión orixinal galega cunha duración inferior a 60 minutos. A2: axudas a curtametraxes en construción que estean gravadas en versión orixinal galega, teñan unha duración inferior a 60 minutos e teñan previsto realizar os traballos de posprodución en Galicia.

 

Modalidade B: subvencións a proxectos de longametraxes cinematográficas en versión orixinal galega cunha duración igual ou superior aos 60 minutos, que se correspondan con propostas de especial valor artístico e creativo e/ou empreguen novas formas de linguaxe audiovisual e/ou adopten fórmulas narrativas non convencionais, e que estean a cargo dun director ou dunha directora que non dirixise ou codirixise máis de dúas longametraxes cualificadas para a súa explotación comercial en salas de exhibición cinematográfica.

Documentación requerida

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo II) a seguinte documentación xeral:

Se a persoa solicitante é persoa xurídica:

a) Certificado do acordo de solicitude da axuda ou da autorización da persoa que a asine en nome da entidade.

b) Estatutos rexistrados e escrituras de constitución inscritos no rexistro que corresponda.

c) Certificado de empadroamento, se a persoa solicitante está domiciliada fóra da Comunidade Autónoma de Galicia (nun Estado membro da UE ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea). d) Documentación acreditativa de posuír os dereitos ou ter autorización expresa da persoa propietaria dos dereitos da obra preexistente, de ser o caso.

e) Documentación que acredite suficientemente a representación de quen asina a solicitude, de ser o caso.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

Poderán ser beneficiarias destas axudas todas as persoas físicas que poidan acreditar a súa vinculación previa coa realización dunha obra audiovisual ou formación académica no ámbito da creación ou produción audiovisual, ou ben a súa participación en cursos ou obradoiros relacionados coa creación audiovisual, e desenvolvan a súa actividade habitual maioritariamente en Galicia.

 

As persoas físicas autónomas ou as persoas xurídicas que estean constituídas como produtora independente no momento de presentar a solicitude, teñan a sede social na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE, ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea, e desenvolva a súa actividade habitual maioritariamente en Galicia

Requisitos

As persoas beneficiarias deberán cumprir os seguintes requisitos específicos:

Para proxectos da modalidade A:

a) Proxectos da submodalidade A1 (realización de curtametraxes): unicamente poderán presentarse aquelas persoas físicas que exerzan como director ou directora da obra.

b) Proxectos da submodalidade A2 (curtametraxes en construción): a persoa beneficiaria terá que ser persoa autónoma ou empresa, en ambos os casos constituída como produtora audiovisual.

 

Proxectos da modalidade B (longametraxes): a persoa beneficiaria terá que ser persoa autónoma ou empresa, en ambos os casos constituída como produtora audiovisual.

 

Non poderán ser persoas beneficiarias das subvencións as persoas en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.