• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

SUBVENCIONS ÁS ACTIVIDADES DE DISTRIBUCION PARA INDUSTRIAS CULTURAIS

Axencia Galega das Industrias Culturais

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 2024 pola que se establecen as bases, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións ás actividades de distribución para industrias culturais, e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento CT402C).

Determinar as condicións que regularán a concesión de subvencións para promover a distribución exterior e interior de bens e servizos culturais producidos por empresas vinculadas ás artes escénicas e ou musicais dentro do seu plan de xira comprendidos nos prazos indicados nesta resolución e proceder á súa convocatoria para o ano 2024.

 

Considérase proxecto o plan de xira entendido como o conxunto de funcións e concertos realizados pola persoa solicitante dentro dos prazos previstos nesta resolución ou a asistencia a feiras de artes escénicas e musicais segundo as modalidades que se indican a seguir:

 

A. Artes escénicas.

Modalidade A.1. Subvencións para a distribución de espectáculos fóra de Galicia.

Modalidade A.2. Subvencións para a representación de espectáculos en feiras e festivais fóra de Galicia.

Modalidade A.3. Subvencións para a asistencia a feiras e mercados de artes escénicas fóra de Galicia.

Modalidade A.4. Subvencións para a distribución interior de espectáculos escénicos no territorio da Comunidade Autónoma.

 

B. Música.

Modalidade B.1. Subvencións para a distribución de espectáculos musicais fóra de Galicia.

Modalidade B.2. Subvencións para as representacións musicais en feiras e festivais fóra de Galicia.

Modalidade B.3. Subvencións para a asistencia a feiras e mercados musicais fóra de Galicia

Documentación requerida

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo II) a seguinte documentación:

 

a) Documentación xeral.

-Certificado do acordo de solicitude da axuda ou da autorización da persoa que a asine en nome da entidade se a persoa solicitante é persoa xurídica.

-Se a persoa solicitante é unha sociedade civil, comunidade de bens ou calquera outra agrupación de persoas sen personalidade xurídica propia, nomeamento do representante ou apoderado legal único da agrupación.

-Se a persoa solicitante é unha sociedade civil, comunidade de bens ou calquera outra agrupación de persoas sen personalidade xurídica propia, compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación e importe de subvención que se lle aplicará a cada un.

-Se a persoa solicitante é unha sociedade civil, comunidade de bens ou calquera outra agrupación de persoas sen personalidade xurídica propia, compromiso de non disolución durante o tempo de duración da actividade subvencionada.

-Estatutos rexistrados e escrituras de constitución inscritos no rexistro mercantil ou o que corresponda.

-Documentación que acredite suficientemente a representación de quen asina a solicitude.

 

b) Documentación específica.

Modalidade A.1, A.2, B.1 e B.2 (subvencións para a distribución de espectáculos de artes escénicas e musicais fóra de Galicia e subvencións para a representación de espectáculos de artes escénicas e espectáculos musicais en feiras e festivais fóra de Galicia):

-Ficha de plan de xira e orzamento de gastos (anexo III).

-Contrato de actuación ou oferta/convite con contido económico.

Modalidade A.3 e B.3 (subvencións para a asistencia a feiras e mercados de artes escénicas e musicais e fóra de Galicia).

-Ficha de plan de xira e orzamento de gastos (anexo III).

-Documento de inscrición como profesional dos asistentes á feira ou mercado ou compromiso de inscrición mediante declaración asinada pola persoa solicitante no caso de non estar aberto o dito período. Deberá achegarse dita inscrición posteriormente no caso de ser subvencionado.

-No seu caso, contrato ou declaración asinada pola persoa solicitante, da relación dos asistentes coa entidade.

Modalidade A.4 (subvencións para a distribución de espectáculos escénicos no territorio da Comunidade Autónoma)

-Ficha de contratación e orzamento de gastos (anexo IV)

-Contrato de actuación.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

Poden obter a condición de beneficiarias das subvencións as persoas físicas (autónomas) e persoas xurídicas privadas, con domicilio ou sucursal en Galicia ou nun territorio membro da Unión Europea ou asociado ao Espazo Económico Europeo, dedicadas profesionalmente á actividade de produción e distribución de espectáculos de artes escénicas ou musicais que desenvolvan maioritariamente a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia

 

Tamén poden ser beneficiarias as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas privadas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo as actividades obxecto da subvención, con domicilio ou sucursal en Galicia ou nun territorio membro da Unión Europea ou asociado ao Espazo Económico Europeo, dedicadas profesionalmente á actividade de produción e distribución de espectáculos de artes escénicas ou musicais que desenvolvan maioritariamente a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia.

Requisitos

Non poderán ser persoas beneficiarias desta convocatoria de subvencións:

a) As asociacións e restantes entidades sen fins de lucro.

b) As persoas ou entidades en que concorra algunha das prohibicións establecidas nos termos previstos no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

 

Ademais dos requisitos xerais, as persoas solicitantes deberán ter en conta os seguintes requisitos segundo as modalidades:

 

Artes escénicas A.1/A.2/A.4. Música B.1/B.2:

Alta no IAE correspondente.

Estar en posesión dos contratos/convite/s con contido económico da actividade que se vai realizar

 

Artes escénicas A.3. Música B.3:

Alta no IAE correspondente.

Inscrición de asistencia ou mercado de artes escénicas ou compromiso de inscrición no caso de non estar aberto o dito período.

Acreditación da vinculación da persoa asistente coa empresa solicitante da subvención, mediante contrato ou declaración do titular da empresa.

 

Todas as actividades para as que se solicita subvención deben desenvolverse entre o 1 de novembro de 2023 e o 31 de outubro de 2024.