• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Radiografía do consumidor millennial: a importancia da tenda física entre os máis dixitais

Data de escritura

A maior parte dos expertos coinciden en describir aos millennials como a xeración nada entre 1980 e mediados dos 90. O estudo “Where millennial end and post millennial begin” elaborado polo Pew Research Institute sostén que este grupo de poboación ten en común vivir de forma consciente feitos históricos como os ataques do 11- S ou a guerra de Afganistán e, doutra banda, a gran revolución tecnolóxica que se produciu ao longo da súa vida, con exemplos como o uso masivo do Wifi ou as redes sociais, e a inestabilidade laboral que se atoparon ao incorporarse ao mercado en plena crise económica. 

En contra do que puidésemos pensar, esta xeración aposta pola compra física. En concreto, un 57% dos millennials españois afirma que acudir a unha tenda física é para eles un pracer. E entre os principais motivos que esgrimen destacan que prefiren tocar o produto e necesitan probarllo.