Programa formativo gratuito Medrando Xuntas
Medrando Xuntas, iniciativa enmarcada dentro do programa Emprega en feminino, para fomentar o talento feminino nas entidades de economía social, está dirixido a todas as mulleres de entidades de economía social, ben sexan socias e/ou traballadoras, responsables de dirección e/ou de goberno.
PROGRAMA PARA DIRECTIVAS: 
Mulleres profesionais que ocupen na actualidade un cargo de responsabilidade en entidades de economía social (equiparable a niveis directivos e predirectivos ou mandos intermedios), así como aquelas que exerzan a representación nalgún órgano de goberno destas entidades.
Datas: De setembro a decembro de 2018.
En concreto os días:
 - 7, 8, 21 e 22 de setembro. 
- 5, 6, 19 e 20 de outubro.
 - 2, 3, 16, 17 e 30 de novembro. 
- 1 de decembro.
 Horario: Venres de 16.00h-20.00h e sábados de 09.30h-13.30h. (A sesión do sábado 1 de decembro será en horario de 09.30-12.30h). 
Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP). Rúa de Madrid, 2, 15707 (Santiago de Compostela). 
Duración: 80 horas, das cales 65 son presenciais e 15 son a distancia. 
Para máis información: medrandoxuntas.emprego@xunta.gal
PROGRAMA PARA SOCIAS E TRABALLADORAS:
 Mulleres socias e traballadoras de entidades de economía social en Galicia.
 Datas: De outubro a novembro de 2018. Programa formativo presencial. En concreto os días:
 - 18 e 25 de outubro.
 - 8 e 15 de novembro.
 Horario: Xoves de 16.00 a 21.00h.
 Lugar: Fundación CEL. Iniciativas por Lugo. Viveiro de empresas. Pazo de Ferias e Congresos de Lugo. El Palomar, s/n, (Lugo).
 Duración: 20 horas presenciais.
 Para máis información: medrandoxuntas.emprego@xunta.gal
O programa conta con dous itinerarios diferentes, un para mulleres con responsabilidades de goberno e dirección e outro para socias e traballadoras. En ambos casos os contidos están organizados en áreas temáticas vinculadas á xestión das organizacións e ás habilidades persoais, adaptados aos diferentes perfís das destinatarias.
Ademais, como novidade incorporarase un foro participativo coas alumnas de ambas as dúas promocións, un espazo de conversa sobre os retos, desafíos e oportunidades que as mulleres teñen no mundo da economía social e as ferramentas e estratexias para aproveitalas, que terá lugar no último trimestre do ano.
 
 
 
    
 






