Coñecer as vantaxes da intelixencia artificial e descubrir como vai influir nos traballos do futuro; reflexionar sobre novos modelos económicos e sobre a retención do talento; e reivindicar políticas reais que faciliten a conciliación. Foron os obxectivos do Foro Talentia, que esta mañá xuntou a centos de persoas no auditorio do Centro Galego de Arte Contemporánea. O encontro é a antesala da Feira do Emprego e do Talento, que se desenvolverá ao longo da próxima semana nun modelo híbrido que combina a feira virtual e un espazo presencial, o luns 13, no Palacio de Congresos.
TALLERES FORMACIÓN Online - NOVEMBRO:
para emprendedor@s e empresas
Máis de 3.000 prazas en actividades formativas, 300 ofertas de emprego e preto de 80 empresas participantes. Son os números do Talentia Summit, o evento do talento e o emprego que se desenvolverá do 13 ao 17 de novembro, cun formato híbrido que combinará as vantaxes dos modelos de feira virtual e presencial. As inscricións nas diferentes actividades quedarán abertas esta tarde a través da web talentiasummit.com.
Talleres de innovación aberta e co-creación:
xerando solucións a retos empresariais reais.
Potencia a túa creatividade e traballo en equipo para acadar respostas disruptivas aos desafíos plantexados polas empresas
A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, clausurou hoxe o programa "Faino Ti", co que o Concello quería achegar o movemento maker, as TIC e a cicencia ao conxunto da veciñanza. O programa, financiado con fondos europeos da EDUSI, chegou a máis de 1.300 persoas, que ben participaron nas actividades formativas da Academia Maker ou ben visitaron o Laboratorio de Fabricación Dixital Móbil que percorreu os barrios de Compostela.
O executivo municipal aprobou esta mañá o expediente de contratación para as obras de "Rehabilitación de firmes de vías urbanas 2023" cun orzamento base de preto de 350.000 euros. Tamén se acordou a aprobación definitiva do Proxecto de Expropiación por taxación conxunta para a creación da plataforma loxística de intercambio de mercadorías na parcela SU-3 do PXOM (fase I). Destes e outros asuntos deu conta en rolda de prensa a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín.
O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou hoxe a convocatoria de subvencións municipais para a rehabilitación de edificios residenciais no marco da 18ª fase da Área de Rexeneración e Renovación Urbana (ARRU) da cidade histórica de Santiago por un importe total de preto de 85.000 euros. As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude durante un mes a partir de mañá, 24 de outubro. Tamén continúa aberto o prazo de solicitude de axudas para a rehabilitación de vivendas no barrio de Vite por unha contía de 672.000 euros que cubrirá un total 96 actuacións.
Aprende a deseñar campañas de Marketing Dixital con Chat GPT
O Talentia Summit, a feira do talento e do emprego de Santiago, celebrará no próximo mes de novembro unha nova edición para analizar a transformación do mercado laboral. A cita comezará cun gran foro estratéxico inaugural, o 10 de novembro. A feira de emprego celebraráse entre os días 13 e 17.
Os vindeiros 25, 26 e 27 de outubro celebrarase a quinta edición da Feira de emprendedoras de Compostela cunha ampla programación dirixida a centros de formación, empresas, alumnado e profesorado da Universidade así como á cidadanía en xeral. Nesta ocasión, o evento céntrase na economía circular co obxectivo de establecer un debate sobre a aqueles modelos económicos sustentables e pensado para as persoas, en liña cos principios da Axenda Urbana 2030.