• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

O pasado domingo rematou esta feira de innovación, de novo online, que multiplicou por catro o número de inscritos con respecto á edición anterior así coma o seu impacto a nivel global con referentes como Keisha Howard, César de la Fuente ou Valeria Corrales.

Etiquetas:
novas , emprendemento , compostela móvese , ciencia , empresas , innovación , APD , XUNTA , MAKER FAIRE GALICIA , MAKERS , FUNDACIÓN CIDADE DA CULTURA

A Sociedade para a promoción de iniciativas empresariais innovadoras SL, UNINOVA, acordou hoxe a designación de novos conselleiros e a composición do novo Consello de Administración.

Etiquetas:
novas , emprendemento , compostela móvese , innovación , biotecnoloxía , Sionlla , UNINOVA

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado pola alcaldesa de Lugo e vicepresidenta do Eixo, Lara Méndez; polo secretario xeral da entidade interrexional, Xoán Vázquez Mao; e polo presidente do Consello Económico e Social, Agustín Hernández, deu conta en rolda de prensa do "Mapa ferroviario de Galicia", documento no que se recollen as actuacións propostas polo Eixo Atlántico para a modernización da rede ferroviaria galega de vía ancha.

Etiquetas:
novas , EIXO ATLÁNTICO

Hoxe presentáronse as novas licitacións de CPP, Compra Pública Precomercial, do proxecto Smartiago, un xemelgo dixital de mobilidade peonil urbana, e un vehículo eléctrico autónomo adaptado a centros históricos para loxísticas de última milla. Foi nunha xornada que abriu o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e pechou o concelleiro de Relacións Institucionais, Sindo Guinarte.

Etiquetas:
novas , emprendemento , compostela móvese , innovación , SMARTIAGO , UNINOVA

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, visitaron esta mañá o polígono da Sionlla, acompañados polo presidente da Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre, José Fernández Alborés.

Etiquetas:
novas , empresas , innovación , desenvolvemento , emprendedores , industria , Sionlla

O presidente do Consorcio de Santiago e alcalde da cidade, Xosé A. Sánchez Bugallo, acompañado do vicepresidente e conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e da xerente do organismo interadministrativo, Belén Hernández, presentaron esta mañá as principais liñas da "Proposta estratéxica plurianual do Consorcio de Santiago para o período 2021-2027-2032", refrendada o domingo polo Real Padroado, na que tamén se recolle a creación dun Polo de Formación Profesional Biosanitaria nos edificios do antigo Hospital Psiquiátrico de Conxo.

Etiquetas:
novas , CONSORCIO; CIDADE; XACOBEO; NEXT GENERATION;

A Xunta de Goberno Local, reunida en sesión ordinaria, aprobou hoxe a segregación e concesión demanial da parcela CSIEB do EQ-02 do parque empresarial da Sionlla, a favor de Sionlla Biotech, S.L; e a concesión de licenza de obras a esta mesma sociedade, para a construción do Centro de Servizos Innovadores para Empresas Biotecnolóxicas . Explicárono en rolda de prensa o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón.

Etiquetas:
novas , emprendemento , compostela móvese , innovación , biotecnoloxía , Sionlla , UNINOVA

  O programa, que forma parte do Plan de Reactivación Económica e Social PRESS do Concello de Santiago, foi presentado esta mañá polo alcalde, polas técnicas de proxectos da empresa Implictum, Raquel Piñeiro e Tania Aira, encargadas do seu desenvolvemento, e pola técnica do departamento de Promoción Económica, Carme Casado.

Etiquetas:
novas , hostelería , comercio , industrias culturais , COVID-19 , RESTAURACIÓN

Este programa, que foi presentado polo alcalde da cidade, Xosé Sánchez Bugallo e a responsable de Relacións institucionais da Unión de Cooperativas EspazoCoop, forma parte do Plan de Reactivación Económica e Social PRESS do Concello de Santiago.

Etiquetas:
novas , esocial_novas , emprendemento , Economía Social , compostela móvese , cooperativas , empresas , innovación , Espazocoop

Esta actuación vai ser financiada pola Unión Europea, a través dos fondos NextGenerationEU.

Etiquetas:
novas