O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asinou esta mañá a formalización da cesión da parcela para a construción e posta en funcionamento do Centro de Servizos Innovadores para Empresas Biotecnolóxicas, o Biopolo, cos representantes de Sionlla Biotech, José Fernández Alborés e Ramón Lois Lorenzo. No acto tamén estivo presente a concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón.
Hoxe presentouse a segunda edición da campaña #CompostelaSomosCultura, promovida pola oficina de Promoción Económica, no marco do Programa "Compostela Móvese 2021". Unha campaña que ten como obxectivos apoiar o tecido cultural compostelá, descubrir novos talentos; e incentivar o consumo de produtos culturais a nivel local. Na presentación estiveron presentes a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón; Inés Portela, coordinadora da comunicación e da producción audiovisual da campaña; Xacobe Martínez Antelo, coordinador artístico e de contidos; e Carme Casado, técnica responsable da oficina de Promoción Económica.
O Concello de Santiago e a Universidade de Santiago (USC) organizan de novo a Feira de Emprendedoras de Compostela, unha feira que quere visibilizar as mulleres emprendedoras que están creando tecido empresarial innovador, con valor engadido, na comarca de Compostela. Este ano vai dirixida ás universitarias da USC aínda que a feira está aberta a toda a cidadanía.
Dentro do Ciclo de Accións Formativas previsto no Programa Compostela Móvese organizado polo Concello de Santiago, o curso virtual orientado á mellora da competitividade do pequeno comercio de Santiago “Retos do Comercio Local” previsto para este mes de Setembro, trasládase a unha nova data.
O descubrimento emprendedor, metodoloxía suxerida pola Comisión Europea para determinar con éxito os ámbitos de especialización, aumenta o seu impacto se a expomos a nivel local.
O 24 de abril de 2018, de 19 a 20.30 h. na Sala Mozart do Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela, terá lugar un encontro aberto sobre a promoción das industrias culturais e creativas, o fomento da innvación e a colaboración con outros territorios.
Un diagnóstico do nivel tecnolóxico actual de sectores industriais estratéxicos da economía de Galicia (aeronáutica, agroalimentación e bio, automoción, enerxías renovables, madeira/forestal, metalmecánico, naval, pedra natural, téxtil/moda e TIC) é o resultado da investigación promovida pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, elaborada polo Igape en colaboración coa Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia (Atiga). O estudo mostra, ademáis, as oportunidades de adopción tecnolóxica das Pemes galegas, no curto e medio prazo, no escenario 4.0.
Os principais bancos coinciden en que a demanda de crédito de pemes, autónomos e empresas dos últimos días esgotou a primeira liña de avais de 20.000 millóns posta a disposición polo ICO, con todo, a esta institución non lle consta que se consumiu xa todo ese importe.
Mckinsey actualiza os datos da súa enqusa sobre as expectativas dos consumidores durante a crise.
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo presentou hoxe o Plan Marco de Reactivación Económica Compostela 2020, para paliar os efectos da crise sanitaria global provocada pola COVID19". Conta cunha previsión económica inicial de 5.001.439,69 euros, e contempla 23 medidas de estímulo de crecemento e fomento da competitividade da economía local dirixidas á industria e demais sectores produtivos, ao comercio, a hostalería e ao emprego. Trátase dun plan deseñado para favorecer a dinamización económica do municipio unha vez remate o periodo de confinamento, que incide, sobre todo, nos colectivos especialmente castigados por esta crise sanitaria, socioeconómica e laboral: persoas autónomas, PEMES e a poboación desempregada.