A Gobernanza é un eixo transversal ao longo da Axenda Urbana 2030, que ten por obxectivo promover a participación social e cidadá sobre as cuestións de interese para a veciñanza.
A Concellería de Dereitos e Servizos Sociais pon en marcha unha nova convocatoria das subvencións destinadas a apoiar as empresas de economía social, cunhas bases nas que se introduciron modificacións co obxectivo de incentivar o emprego feminino e de persoas con discapacidade ou en situación de exclusión. Explicouno hoxe a concelleira María Rozas, despois da aprobación da convocatoria na Xunta de Goberno celebrada esta mañá. Ás axudas destinarase un importe total de 160.000 euros.
A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, participou onte xoves en Donostia-San Sebastián na Asemblea Xeral da Rede de Entidades de Desenvolvemento Local, REDEL, da que forma parte o Concello de Santiago. A Asemblea aprobou a incorporación dunha nova entidade á rede, a Deputación da Coruña, contando xa con 33 entidades asociadas. Así mesmo, aprobouse o plan de xestión e o orzamento para o novo exercicio 2024.
Estratexias dixitais para acadar resultados en social media
O concelleiro de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica, Iago Lestegás, participou no Simposio "Urban Solutions" en que se analizaron algúns dos desafíos das cidades no século XXI e na súa intervención afirmou que "o Concello de Santiago está comprometido coa sustentabilidade urbana e quere que a capital galega sexa un referente internacional nesta materia".
Ata o 20 de outubro permanecerá aberto o prazo de presentación de solicitudes para optar ás axudas de apoio a actividades culturais para o sector profesional, convocadas polo Concello de Santiago a través da Concellaría de Capital Cultural. Esta convocatoria de subvencións, ás que se destinan 250.000 euros, ten por obxecto o fomento das actividades culturais organizadas polas persoas e entidades dedicadas profesionalmente á produción de actividades culturais e artísticas durante o ano 2023.
O xoves, 5 de outubro , en horario de 12:00 a 14:00 horas, a Cámara de Comercio de Santiago organiza, en FORMATO ONLINE a xornada GRATUÍTA:
"A robótica colaborativa na industria moderna"
O obxectivo deste obradoiro e descubrir as aplicacións dos robots colaborativos nos diferentes sectores como a fabricación, loxística, atención médica e agricultura. Como éstes aumentan a velocidade e precisión das operacións. A robótica colaborativa e os seus accesorios están redefinindo a forma en que as máquinas e os humanos colaboran en entornos de traballo compartidos.
https://coworking.camaracompostela.com/gl/evento/a-robotica-colaborativa-na-industria-moderna/
A Xornada "Somos mulleres, somos emprendedoras, somos economía social", que achega o traballo de cooperativas de EspazoCoop formadas por mulleres, foi inaugurada onte pola concelleira de Promoción Económica, María Rozas, e a presidenta de EspazoCoop, Ana Olveira.
O edificio Cersia de San Lázaro acolleu na tarde do 22 de setembro a reunión do plenario do Pacto Local pola Mobilidade, a primeira deste órgano desde 2018. Na xuntanza, presidida pola alcaldesa, Goretti Sanmartín, o concelleiro de Mobilidade deu conta do estado no que se atopan tanto a elaboración do Plan de Mobilidade Urbana Sostible como a licitación do servizo de transporte público. Xan Duro fixo un chamamento ao conxunto da Corporación municipal e a todas as entidades representadas no Pacto "para colaborar e avanzar cara unha mobilidade máis sostible e eficiente, porque ese é un dos principais retos que tén por diante Santiago".
A xornada "Somos mulleres, somos emprendedoras, somos economía social" celebrarase o vindeiro o martes 26 de setembro ás 10 horas no edificio Cersia Empresa, e nela mulleres emprendedoras no sector da economía social compartirán as súas experiencias no cooperativismo.