O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asistiu este venres no Pazo de Fonseca ao acto de entrega da VII edición dos premios Argos – Creando equipos emprendedores, da USC. Esta convocatoria pretende conformar equipos interdisciplinares de persoas emprendedoras, ás que se lles facilita acompañamento e asesoramento no proceso de definición dunha idea de negocio, ademais de avaliar a súa capacidade para chegar a constituír un proxecto empresarial convincente
O Centro Empresarial do Tambre acolleu hoxe a reunión da Mesa Institucional do chamado "Acordo da Sionlla", á que asistiron o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez; o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde; o vicerreitor de Investigación e Innovación da Universidade de Santiago (USC), Vicente Pérez Muñuzuri; o vicepresidente da Cámara de Comercio de Santiago, José Carballo García; e o presidente da Asociación Área Empresarial do Tambre (AAET), José Fernández Alborés
Ata o 17 de xuño estará aberto o prazo para que autónomos e empresas de ata 10 traballadores/as poidan presentar as súas solicitudes de axudas para pagar os xuros das operacións financeiras que teñan subscrito. A convocatoria, incluída no Plan Marco de Reactivación Económica, está dotada cun orzamento de 100.000 euros, ampliables a 400.000 euros
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, presentou a nova oferta de formación online, deseñada polo departamento de Emprego a través do programa Talentia Summit’20, dentro do Plan Marco de Reactivación Económica Compostela 2020, posto en marcha polo Concello de Santiago co obxectivo de mitigar os efectos da crise sanitaria provocada pola COVID-19. Son un total de 4.000 novas prazas, que se suman ás 1.500 lanzadas hai un mes, cubertas practicamente na súa totalidade. Esta convocatoria conta dúas importantes novidades. A primeira, a formación mobile learning, cunha serie de cursos, que suman 3.200 prazas, optimizados para facelos 100% dende o móbil e que teñen como obxectivo facilitar o acceso de máis persoas as actividades formativas. E a segunda, unha acción formativa sobre COVID-19, coñecementos que, presumiblemente, cada vez serán máis demandados en distintos sectores económicos, entre eles a hostalería e o comercio. O prazo de presentación de solicitudes está aberto dende hoxe e ata esgotar as prazas.
O novo programa, con apoios de ata 800.000 euros, promoverá a produción en Galicia de medicamentos, tratamentos, test de diagnóstico e equipos hospitalarios e médicos. Súmase á convocatoria aberta por 2,5M€ para impulsar a reorganización produtiva de pequenas e medianas empresas para facer fronte á emerxencia sanitaria, unha liña de apoios da que xa se concederon axudas para os primeiros 14 proxectos.
A Xunta activa o Plan de transformación dixital das pequenas e medianas empresas e o comercio galego, dotado con 23,5 millóns de euros.
O Real Decreto-Lei 18/2020 publicado hoxe, 13 de maio de 2020, no BOE amplía as medidas en defensa do emprego definidas no Real Decreto-Lei 8/2020.
O Ministerio de Industria, Comercio y Turismo, a través da Secretaría de Estado de Comercio, e as Cámaras de Comercio, puxeron en marcha este luns 11 de maio, a campaña #TeEstamosEsperando de apoio á actividade comercial.
A Xunta de Goberno aprobou este venres, nunha sesión extraordinaria, unha convocatoria de axudas para autónomos e pequenas empresas destinadas a facer fronte aos xuros das operacións de crédito concertadas para a obtención de liquidez. Estas achegas son complementarias aos créditos ICO e aos créditos do IGAPE. A contía da subvención será o 75% do aboado en concepto de xuros anuais, co límite de 1.000 euros por persoa ou empresa beneficiaria.
- O Concello de Santiago pon en marcha o Plan Activa en Seguro, co obxectivo de axudar a autónomos e micropemes do sector servizos e da industria durante o plan de transición cara a denominada nova normalidade".
- Ofrécense 15 prazas para a realización destes itinerarios. As inscricións poderán realizarse ata as 14:00 horas do 10 de maio na web do Cersia Empresa.
- Esta acción está incluída no Programa Marco de Reactivación Económica Compostela 2020.







