• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, aclarou que no proxecto de orzamentos do Estado para o 2021 si está incluída a estación de tren. Un tema importante para a cidade, sinalou "estratéxico, cun investimento previsto de 30.450.000 euros", para "facer a estación do AVE de Santiago". Este apunte está, explicou, no apartado de alta velocidade. O rexedor recoñeceu que onte pasoulle inadvertido, pero despois de falar coa presidenta de Adif, Isabel Pardo de Vera, "envioume a páxina", na que aparece recollida esta partida, cunha anualidade, para o vindeiro ano, superior aos tres millóns de euros, e dúas anualidades que serían 2022 e 2023".

Etiquetas:
novas , empresas , mercados , desenvolvemento , emprendedores , autónomos , ORZAMENTOS DO ESTADO , ESTACIÓN AVE

No pleno extraordinario do Concello de Santiago celebrado hoxe aprobouse o expediente de crédito extraordinario para atender o pagamento de sentenzas, para a realización dunha serie de investimentos no ámbito urbano e rural, e para a concesión de axudas no ámbito da cultura, do comercio e a hostalería local, por un importe total de 9.501.325,45 euros, financiado na súa totalidade con remanente líquido de tesourería para gastos xerais do concello do exercicio 2019.

Etiquetas:
novas , empresas , mercados , desenvolvemento , emprendedores , autónomos , COVID-19 , PLENO

Hoxe presentouse a sexta edición da Maker Faire Galicia, que se celebrará do 18 ao 22 de novembro, en formato online. Durante a feira, na que colabora o Concello de Santiago, trataranse temas como aeronáutica, automoción, alimentación, enerxía, saúde, economía circular, educación e innovación social. No acto de presentación, o alcalde compostelá, Xosé Sánchez Bugallo, destacou o programa desta edición, que lle parece, sinalou "extraordinariamente interesante". Ademais do rexedor, na rolda de prensa estiveron presentes Marcos Saavedra, en representación da Maker Faire; Ana Isabel Vázquez Reboredo, directora-xerente da Cidade da Cultura; e José Luis Mira Lema, secretario xeral de Educación e Formación Profesional.

Etiquetas:
novas , Economía Social , empresas , mercados , desenvolvemento , emprendedores , autónomos , COVID-19 , makerfairegalicia

O Pleno da Corporación, en sesión extraordinaria, aprobou por unanimidade a proposta de modificación da ordenanza 3.24, relativa á taxa pola utilización privativa e o aproveitamento especial do dominio publico, o que significa que os locais de hostalería estarán exentos de tributar pola colocación de terrazas o vindeiro ano 2021, dando así cumprimento a unha das demandas do sector.

Etiquetas:
novas , empresas , mercados , desenvolvemento , emprendedores , autónomos , COVID-19

A Oficina de Promoción Económica do Concello de Santiago de Compostela, oferta tres seminarios de "Dixitalización e venda por internet" dirixidos aos sectores da hostelería, comercio e empresas culturais; tres dos sectores que máis están a sufrir a crise económica derivada da crise sanitaria da COVID19.

Etiquetas:
novas , Economía Social , empresas , mercados , desenvolvemento , emprendedores , autónomos , COVID-19

Trala súa posta en marcha, o pasado 22 de xuño de 2020, esta tarde volveuse reunir o Consello Económico e Social, neste caso para dar conta dos traballos efectuados ata o momento polo equipo coordinado polos profesores Melchor Fernández e Dolores Riveiro.

Etiquetas:
novas , empresas , mercados , desenvolvemento , emprendedores , autónomos , COVID-19

Hoxe comezou o plan formativo do programa de Mellora Empresarial da Economía Social, que desenvolve o Concello de Santiago e Espazo coop Unión de Cooperativas Galegas, co obxectivo de dotar ás cooperativas do municipio de servizos de apoio para superar a situación de crise económica creada pola pandemia da COVID19. Esta liña formativa impártese, ata o 15 de decembro, baixo o título "Dirixir en tempos de crise". Son 40 horas lectivas, nas que participan 27 persoas.

Etiquetas:
novas , Economía Social , empresas , mercados , desenvolvemento , emprendedores , autónomos , COVID-19

A Xunta de Goberno Local, reunida en sesión extraordinaria, aprobou a xustificación e pagamento das actividades do convenio de cooperación entre a Asociación Área Empresarial do Tambre e o Concello de Santiago de Compostela para fomentar e impulsar o desenvolvemento dun polo de biotecnoloxía e outros obxectivos marcados no pacto pola industrialización de Compostela no marco do Programa Compostela Móvese 2020 COVID-2019. En concreto, aprobouse a xustificación parcial e pagamento da subvención nominativa á entidade empresarial por importe de 27.010 euros.

Etiquetas:
novas , empresas , mercados , desenvolvemento , emprendedores , autónomos , COVID-19

O alcalde compostelá, Xosé Sánchez Bugallo, visitou a "II Feira de outubro de emprendedoras de Compostela" que rematou hoxe. O rexedor achegouse ata a Aula Gastrocultural do Mercado de Abastos, onde destacou que "é necesario apostar pola innovación e o emprendemento" e pór en valor "aquelo que nós temos, que nos permite competir en mellores condicións nunha economía aberta . O rexedro tamén lembrou a aposta do concello pola biotecnoloxía "onde a universidade de Santiago é punteira", polas novas tecnoloxías, e polo emprendemento social.

Etiquetas:
novas , emprendemento , Economía Social , empresas , muller , Universidade de Santiago

O 42% dos consumidores está decidido a realizar un consumo máis austero na etapa post pandemia sanitaria e despois de que os establecementos comerciais haxan volto a levantar a persiana. Esta austeridade xustifícase pola crise económica xerada pola paralización da economía, e que provocou un descenso do PIB no segundo trimestre do ano de máis do 18% en España, pero tamén por unha maior concienciación ambiental. Esta é a conclusión máis destacada do estudo que realizou Escodi.

Etiquetas:
novas , sustentabilidade , austeridade. consumo , medio ambiente