• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

O alcalde compostelán, Xosé Sánchez Bugallo, participou, vía telemática, na mesa inaugural das xornadas de industria de Maker Faire Galicia. O rexedor sinalou que o talento, a innovación, a economía circular, o medio ambiente e a dixitalización, son \"elementos claves que van definir o futuro\", e que marcarán o avance económico e tecnolóxico despois da crise sanitaria.

Etiquetas:
novas , Economía Social , empresas , mercados , desenvolvemento , emprendedores , autónomos , COVID-19 , makerfairegalicia

A concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro presentou o programa de Mellora Empresarial da Economía Social, que desenvolverá o concello e Espazocoop Unión de Cooperativas Galegas ata final de ano, co obxectivo de dotar ás cooperativas do municipio de servizos de apoio para superar a situación de crise económica creada pola pandemia da COVID19. Na presentación estivo acompañada da responsable de relacións institucionais da entidade, Mar Pernas

Etiquetas:
novas , emprendemento , Economía Social , cooperativas , empresas , Espazo Coop

Innovación social no emprendemento é a temática escollida para a segunda edición da Feira de Outono de Emprendedoras de Compostela, unha iniciativa que conta coa colaboración da USC e que promove a Oficina de Promoción Económica do Concello, dependente da Alcaldía. O seu obxectivo é achegar á cidadanía as diferentes iniciativas da economía social lideradas por mulleres e que están creando tecido empresarial responsable e transformador na contorna máis próxima. O encontro celebrarase os días 30 e 31 de outubro en formato semipresencial. A parte presencial desenvolverase na Aula Gastrocultural do Mercado de Abastos de Santiago e todo o evento será retransmitido en liña e en directo a través da canle de Youtube de Woman Emprende. O evento foi presentado esta mañá polo alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a viceirreitora de Igualdade, Cultura e Servizos, Mar Lorenzo.

Etiquetas:
novas , emprendemento , Economía Social , empresas , muller , Universidade de Santiago

A VI Maker Faire Galicia, unha das feiras maker máis importantes de Europa, e na que colabora o concello de Santiago de Compostela, desenvolverase este ano 100% online e contará por primeira vez cunha xornada destinada en exclusiva á educación. O novo formato permitirá que esta sexta edición da feira de innovación se poida seguir desde todo o mundo, o que permitirá fortalecer os valores diferencias da cita no referido ao coñecemento compartido e ao seu carácter interactivo.

Etiquetas:
novas , empresas , comercio , mercados , maker , emprego , desenvolvemento , emprendedores , autónomos , educación , industria , COVID-19

O Goberno de España regula o teletraballo no Real Decreto-ley 28/2020

Etiquetas:
novas , teletraballo

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, deu conta hoxe da marcha dos puntos recollidos no acordo do Foro Cívico, nunha xuntanza na que tamén participaron, ademais de representantes do Foro, os voceiros do grupos municipais no Concello Alejandro Sánchez-Brunete, Marta Lois e Goretti Sanmartín.

Etiquetas:
novas , empresas , mercados , desenvolvemento , emprendedores , autónomos , industria , COVID-19 , Sionlla , AXENDA2030

O Consorcio de Santiago vai destinar 120.000 euros á adecuación dos locais comerciais da cidade histórica compostelá como apoio á recuperación económica trala COVID-19. Os interesados en beneficiarse desta convocatoria de axudas deberán presentar as solicitudes e a documentación requirida no rexistro do Consorcio, situado no número 59 da Rúa do Vilar, ou en calquera outro rexistro. O prazo remata o vindeiro 28 de setembro.

Etiquetas:
novas , empresas , comercio , mercados , desenvolvemento , emprendedores , autónomos , COVID-19

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu esta mañá a visita institucional do presidente da Deputación, Valentín González Formoso. Previamente, ambos mandatarios visitaron a madeireira Finsa e mantiveron un encontro coa Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre.

Etiquetas:
novas , empresas , mercados , madeira , desenvolvemento , emprendedores , autónomos , industria , COVID-19 , Sionlla

O concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, presentou o "Plan de Sostibilidade Turística en destinos 2021-2023", que concurrirá á convocatoria da Secretaría de Estado de Turismo, e que hoxe se vai remitir á Xunta de Galicia para a súa avaliación. Guinarte sinalou que este plan, dividido en cinco eixos de actuación, e que prevé actuacións por importe de 4 millóns de euros, "é unha magnífica oportunidade para Santiago de Compostela e para Galicia".

Etiquetas:
novas , empresas , hostelería , mercados , turismo , desenvolvemento , emprendedores , autónomos , COVID-19 , RESTAURACIÓN

A Xunta publicou o 21 de outubro no Diario Oficial de Galicia as restricións previstas para Santiago por mor do paso a fase de 3 de incidencia da covid-19. Son as seguintes:

Etiquetas:
novas , empresas , comercio , mercados , emprego , desenvolvemento , emprendedores , autónomos , COVID-19