O orzamento total da convocatoria ascende a 140.000 euros, 25.000 euros máis que o ano pasado, co obxectivo de contribuír á consolidación e o desenvolvemento do tecido empresarial no Concello.
A concellaría de Dereitos e Servizos Sociais vén de resolver a convocatoria de axudas destinadas a apoiar as empresas de economía social, cun total de 29 entidades beneficiarias. En total, vanse repartir case 115.000 euros.
Balidea, Design Thinkers & Makers, Itelsis, Numax, Entrelampo e Feitoría Verde son as empresas distinguidas nos IV Premios de Excelencia Empresarial convocados polo Concello de Santiago, a través do departamento de Promoción Económica. Os galardóns foron entregados esta tarde no Pazo de Raxoi, nun acto presidido pola alcaldesa, Goretti Sanmartín, e pola tenenta de alcaldesa, María Rozas. Tamén recibiron cadansúa mención Chichalovers, Brazolinda e 7H Cooperativa Cultural
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde mañá, mércores 12 de agosto, durante 20 días hábiles.
Foi esta mañá. Máis de 30 representantes dos principais motores económicos de Compostela de xuntaron para extractar un libro branco de propostas que buscan mellorar a contorna socioeconómica desde a cooperación, a responsabilidade e a sintonía. Nos próximos días elevarán documento ao Concello para a súa avaluación e implementación.
A Praza de Abastos continúa premiando á súa clientela, no marco da campaña “80 anos alimentando Compostela”, que conmemora o 80 aniversario da inauguración do actual edificio, deseñado polo arquitecto Joaquín Vaquero Palacios.
O concelleiro de Mercados, Xan Duro, participou esta mañá na entrega de agasallos a aquelas persoas que acreditaran ter feito a súa compra na Praza.
A concelleira de Turismo, Míriam Louzao, participou esta mañá na mesa redonda “Taxa turística, a onde vai o diñeiro?” no marco do Fairway, xunto ao concelleiro de Economía da Coruña, José Manuel Lage Tuñas, o representante de Unión Hotelera, José Antonio Liñares, e o presidente da Asociación de Empresarios de Hostalería da Coruña, Agustín Collazos.
Míriam Louzao asegurou durante a súa intervención que o Foro de Turismo Sustentable funcionará como “un espazo de diálogo, colaboración e asesoramento da política turística municipal en xeral e tamén con respecto ao destino da recarga municipal do imposto ás estadías turísticas” e, neste sentido, lembrou que na ordenanza municipal se lle deu a este Foro as funcións da Comisión municipal de asesoramento e seguimento que a lei recolle.
A campaña “12 Comercios, 12 Sensibilidades” chega en novembro á Óptica Val, que dedicará o mes a visibilizar o traballo de ASPAS, a Asociación de Nais e Pais con Discapacidade Intelectual. A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, presentou hoxe as actividades, acompañada por Javier García Sánchez, de ASPAS, e da responsable do establecemento, Ana Carrillo Val.
A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, reivindicou hoxe que “Santiago e o conxunto de Galicia poden ser o berce de grandes proxectos tecnolóxicos e industriais innovadores”. Foi na inauguración da Xornada da Industria da Maker Faire Galicia, na que a tenenta de alcaldesa lembrou o “enorme potencial investigador e o talento que emana sobre todo da Universidade, e que temos que seguir poñendo en valor en iniciativas como a Maker Faire”.
O edificio Cersia acolleu hoxe o curso “Saber doar. A axuda humanitaria desde os concellos” impulsado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade do que fai parte o Concello de Santiago. A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, abriu a xornada reivindicando “o papel relevante que debemos ter as administracións locais en materia de axuda humanitaria e cooperación internacional, un convencemento co que traballamos desde o Concello de Santiago”.
A tenenta de alcaldesa agradeceu ao Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade o seu traballo, e ás persoas asistentes ao curso “o interese, vontade e compromiso cun asunto que demasiadas veces se cuestiona que teña algo que ver co traballo que debemos abordar desde os concellos: a axuda humanitaria e a cooperación internacional”. María Rozas sinalou que é fundamental abordar estas cuestións “con coñecementos, certa preparación, e moita coordinación”. Tamén puxo en valor o compromiso do Concello de Santiago coa cooperación internacional, “cunha convocatoria de subvencións á que destinamos 400.000 euros e da que nos sentimos profundamente orgullosas”.







