Técnicos da Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) impartiron esta mañá nas instalación de Dairylac (Melide) un obradoiro de divulgación da economía social como opción de futuro profesional rendible e estable. Particiou unha trintena de estudantes de primeiro de Bacharelato do instituto compostelán Pontepedriña.
Entre as vantaxes do modelo cooperativo destacáronse a toma democrática de decisións, o reparto equitativo de beneficios e a diminución dos riscos de emprendemento.
Gústenos ou non, a idade da automatización chegou. "Bots", en forma de robots, chatbots, intelixencia artificial, aprendizaxe automática, interfaces de conversación, cyborgs e outros dispositivos intelixentes, están a se converter na interface preferente entre organizacións e humanos. Tanto é así que para 2020, segundo unha investigación de Gartner, estímase que o 80 por cento das nosas interaccións diarias serán con bots.
A transformación das empresas para acadar axilidade organizativa está nos seus primeiros días, pero xa produce rendementos positivos. Mentres os camiños poden variar, os resultados dun estudio realizado pola consutora internacional Mckinsey suxiren como comezar.
A recuperación económica percíbese no consumo e no uso cada vez máis habitual do diñeiro de plástico. En 2017 realizáronse 3.429 millóns de operacións con cartóns nos comercios, un 12,6% máis que o ano anterior. En total moveron 135.246 millóns de euros, un 8,7% máis que en 2016. A pesar da guerra de comisións polo uso dos caixeiros, lanzada pola gran banca, utilizáronse 933 millóns de veces (+1,02%) e sacáronse 122.473 millóns de euros, un 3,5% máis.
O novo Informe Mundial sobre o Desenvolvemento da auga da UNESCO afirma que 3.600 millóns de persoas viven actualmente en lugares que poden sufrir de escaseza de auga durante polo menos un mes ao ano. Tamén prevé que a cifra se elevará a cinco mil millóns, a metade da poboación mundial prevista de 10 mil millóns, para 2050. É unha consecuencia de que a industria, a agricultura e unha poboación crecente están a impoñer cada vez máis demandas no ciclo da auga. Ao mesmo tempo, o cambio climático está a agravar o problema ao causar secas e inundacións extremas, a miúdo facendo que as rexións áridas sexan aínda máis secas.
O futuro da distribución alimentaria pasa polo comercio de proximidade e a venda ‘en liña’
Os novos turistas, cada vez con maior experiencia en viaxes e con gran dominio das novas tecnoloxías, están a impulsar grandes cambios no sector, circunstancia á que tampouco escapan os guías turísticos, que están a adaptar a súa forma de traballar ás novas esixencias. A información inmediata a través dos móbiles, a gran variedade de dietas e hábitos alimentarios ou a posibilidade de facer miles de fotografías ata conseguir a imaxe perfecta son algúns dos requisitos aos que estes profesionais teñen que adaptar o seu labor. Enfróntanse a desafíos descoñecidos hai apenas 10 anos. Así o explicaron nunha consulta realizada polo portal Winetourismspain. com, especializado en circuítos de gastronomía e viño para estranxeiros.
Un novo informe publicado polo Programa Global de Iluminación do Banco Mundial ( World Bank Group’ s Lighting Global Program), en colaboración con Dalberg Advisors e a asociación solar Gogla, sinala que a industria solar global sen conexión a rede está en plena expansión.
Nin o uranio, nin o gas, nin o carbón, nin o petróleo. O vento foi a principal fonte de electricidade en España en febreiro. E en xaneiro. E en decembro.
Un estudo mostra que a maioría das persoas non temen perder o seu emprego a mans da Intelixencia Artificial, pero desexan ter acceso a capacitación no traballo para manterse actualizados. Isto representa unha gran oportunidade para as institucións de educación superior.







