VenuesPlace, o primeiro buscador español de espazos para eventos corporativos e sociais, estima un crecemento do 30% nun sector no que destacan como principais tendencias as que seguen.
Investir pequenas cantidades en empresas que poden incrementar un 300% o investimento é un atractivo nun sector cun futuro prometedor. O investimento en novas empresas biotecnológicas está de moda, e é que este tipo de tecnoloxía pasa agora mesmo por unha fase de avances que en moi pouco tempo transformarán de forma radical a sociedade tal e como a coñecemos hoxe día.
A monitoraxe de campos solares fotovoltaicos con drons é unha actividade cada vez máis frecuente. Porque as posibilidades que ofertan estas naves non tripuladas son pouco menos que imbatibles: o dron por exemplo pode sobrevoar toda unha instalación cunha cámara termográfica e sacar imaxes que detectan os puntos quentes dos paneis, alí onde hai que intervir.
Nun escenario marcado polo auxe do comercio electrónico e dun cambio radical nos patróns de consumo, a planificación urbana terá que ter máis en conta o impacto que a distribución urbana de mercadorías e os fluxos de mobilidade teñen sobre a contorna urbana, as condicións de vida dos cidadáns e a calidade do aire nas cidades.
En 2017, o comercio polo miúdo en España ocupou a 1.189.030 mulleres, cunha taxa de emprego feminino do 62,1%. Esta taxa confirma o protagonismo da muller neste subsector, superior ao que obtén no conxunto da economía onde o 45,5% dos ocupados son mulleres.
Unha cadea hoteleira volve apostar por reinventar os espazos do hotel e adaptalos aos usos e necesidades do viaxeiro do século XXI co lanzamento da terceira edición do Concurso de Innovación e Deseño de Espazos Hostaleiros Hotel Lab, promovido por Eurostar Hotels. Dirixido tanto a estudantes como a profesionais do ámbito do deseño, a arquitectura e o interiorismo, o certame é unha iniciativa que a cadea puxo en marcha en 2016 co fin de crear solucións innovadoras e creativas que proporcionen aos seus clientes unha experiencia personalizada e adaptada ao seu estilo de vida.
Segundo un informe do Tribunal de Contas europeo, un maior uso da enerxía renovable é fundamental para reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro da UE e a súa dependencia dos combustibles fósiles e da enerxía importada, e así contribuír á seguridade do seu abastecemento enerxético. Ademais, as enerxías renovables poden desempeñar un papel importante para impulsar o desenvolvemento sustentable nas zonas rurais.
As máquinas Leafy Green son uns colectores repletos de equipos e ferramentas hidropónicas, capaces de producir de dúas a catro toneladas de alimento ao ano, en calquera clima ou localización. Pode colocarse nun aparcadoiro de cemento, así que non fai falta ter un bo chan. Os colectores producen principalmente verduras de folla verde, como leitugas e acelgas, porque son rápidas de cultivar e poden crecer moi xuntas.
As lentellas de auga ou lemna son pequenas plantas con forma redonda e de cor verde, que crecen na superficie de augas estancadas. Teñen unha gran capacidade para absorber a nutrientes da auga na que se desenvolven, así como de producir biomasa cun alto valor nutricional que as converten nunha materia prima excelente para a produción de pensos e biofertilizantes.
A biomasa de lemna constitúe así, unha fonte de proteína alternativa, ecolóxica e de baixo impacto ambiental (prodúcese a partir dos estercos xerados na propia instalación gandeira) que pode substituír ás fontes de proteína vexetal que se utilizan na elaboración de pensos e fertilizantes tradicionais.
O investimento das empresas españolas en viaxes corporativas crecerá un 7% este ano respecto de 2017, compartindo a mesma cifra de crecemento do sector con Reino Unido e superando máis do dobre da media prevista en Europa, que se situará nun 3,4%. Así se desprende do Barómetro Europeo de Viaxes de Empresa 2018, elaborado por American Express Global Business Travel, un estudo no que participaron case 1.000 empresas, de diferentes tamaños, procedentes de 10 países europeos: Bélxica, Dinamarca, Francia, Alemaña, Noruega, Italia, Países Baixos, Suecia, España e Reino Unido.







