As organizacións hostaleiras xa se estan dando conta de que o turista tradicional cambiou e converteuse nun consumidor dixital, moi activo na internet, ao que lle gusta elixir, experimentar, valorar, comparar e, sobre todo, opinar publicamente.
As viaxes por traballo son cada vez máis dixitais. Desde a organización da viaxe ata a cualificación da experiencia faise, en gran medida, a través do teléfono móbil ou de tecnoloxía dispoñible. De feito, un 60% dos viaxeiros europeos frecuentes comparten as súas vivencias durante a viaxe a través das redes sociais.
A Axencia Internacional de Enerxias Renovables (Irena) acaba de publicar as súas últimas estatísticas e estas indican que as enerxías renovables engadiron a escala global outros 167 GW en 2017 , o que supón un incremento do 8,3% respecto ao ano anterior. Desta forma, as renovables instaladas no mundo en decembro pasado sumaban un total de 2.179 GW.
Tecnoloxías candidatas a ser a base dunha nova revolución tecnolóxica, un salto cuántico en materia de seguridade alimentaria:
- Tecnoloxías avanzadas para a detección e eliminación de corpos estraños en liña.
- Espectroscopía infravermella para a detección de contaminación, adulteración e fraude.
- Maquinaria hixiénica, sustentable e segura.
- Sistemas de predición de riscos a través de “big data” e “machine learning”
- Aplicación da secuenciación masiva en diagnósticos de contaminación microbiolóxica.
- Técnicas analíticas de nova xeración, como a espectroscopía de masas de alta resolución
- “Big data” como ferramenta segura de trazabilidade que garante a integridade da información.
A Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios e Navegación de Santiago de Compostela, entidade integrante da Rede Eusumo, convoca a actividade formativa "Dinamización e fomento do espíritu emprendedor cooperativo no eido educativo", a través da que se pretende fomentar o espírito emprendedor.
O mercado das solucións de almacenamento de electricidade volve rebentar todas as súas costuras. Segundo a consultora multinacional IHS Markit, o sector, que o ano pasado conectou á rede sistemas de almacenamento por valor de 1.900 megawatts -mellor marca anual da historia-, vendeu máis de 10.000 megawatts en noventa días (o primeiro trimestre de 2018).
Imaxínasche criar peces debaixo do teu horto urbano? Esta é a proposta da acuaponía, integrar a crianza de peixes para aforrar un 90% de auga e eliminar, ao mesmo tempo, o uso de produtos químicos tóxicos. Un sistema que se está desenvolvendo tanto para uso particular como para uso industrial.
Os elementos que compoñen a cartelería nun negocio aberto ao público teñen como obxectivos fundamentais informar, promocionar e atraer. Por tanto, a evolución destes elementos depende das necesidades de comunicación de cada establecemento cara aos seus clientes e usuarios.
Un diagnóstico do nivel tecnolóxico actual de sectores industriais estratéxicos da economía de Galicia (aeronáutica, agroalimentación e bio, automoción, enerxías renovables, madeira/forestal, metalmecánico, naval, pedra natural, téxtil/moda e TIC) é o resultado da investigación promovida pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, elaborada polo Igape en colaboración coa Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia (Atiga). O estudo mostra, ademáis, as oportunidades de adopción tecnolóxica das Pemes galegas, no curto e medio prazo, no escenario 4.0.
O 24 de abril de 2018, de 19 a 20.30 h. na Sala Mozart do Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela, terá lugar un encontro aberto sobre a promoción das industrias culturais e creativas, o fomento da innvación e a colaboración con outros territorios.







