Aberto o prazo ata o 1 de outubro para solicitar subvencións dirixidas a empresas de economía social
Tras a publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP) de hoxe, 30 de agosto, as empresas interesadas poderán presentar as súas solicitudes desde mañá ata o 1 de outubro. Esta convocatoria conta cun orzamento de 120.000 euros.
No ámbito da promoción económioca, a Xunta de Goberno deu luz verde esta mañá ás bases reguladoras e ás convocatorias dos III Premios a excelencia empresarial Axenda Urbana 2030, por un valor de 60.000 euros, e das axudas destinadas a apoiar ás empresas de Economía Social de Santiago, que contará cun orzamento de 120.000 euros. A alcaldesa Goretti Sanmartín deu detalle destas iniciativas na rolda de prensa desta mañá.
A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, presentou hoxe a campaña "Feito en Santiago", unha acción que ten como obxectivo "poñer en valor as iniciativas empresariais locais que contribúen ao desenvolvemento económico do noso municipio". A iniciativa enmárcase no programa "Compostela Móvese" de apoio á cultura emprendedora, e vaise desenvolver ata o mes de novembro.
Explorar virtualmente o Museo do Pobo Galego, e facelo ademais da man de dúas figuras como Rosalía de Castro e Castelao, é posible desde hoxe grazas á app deseñada e desenvolvida polo alumnado do obradoiro de emprego Appventurers. A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, presentou hoxe a aplicación, que "pensada para outorgarlle valor engadido á visita ao espazo expositivo". Na rolda de prensa tamén participou o director do Museo, Manuel Vilar, o seu sucesor, Lois Ladra, e dous dos partipantes no obradoiro.María Rozas explicou que PoboAR é unha aplicación de realidade aumentada, que procura facer a visita ao Museo do Pobo Galego "máis educativa e inmersiva". Para utilizala é preciso descargar a app móbil, dispoñible para Android, e escanear os pictogramas que xa están instalados nas diferentes salas do museo. En cada unha delas, a aplicación fará aparecer a Rosalía de Castro ou a Castelao, que serán os encargados de explicar diferentes cuestións de cada un dos espazos expositivos. Para mellorar a experiencia, recoméndase o uso de auriculares, e a app está dispoñible en galego, castelán, francés e inglés.
A presidenta do Grupo de Cidades Patrimonio e alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, presentou hoxe a programación de ‘A Noite do Patrimonio, A Nit do Patrimoni, A Noite do Patrimonio’, que definiu como "o maior evento cultural que se celebra de forma simultánea nas 15 cidades Patrimonio Mundial e que constitúe a mellor representación da singularidade dos nosos monumentos, da nosa arte e das nosas tradicións, á vez que proxecta esta diversidade e a riqueza deste legado cultural en todo o mundo". O evento converterase de novo nun referente artístico a noite do próximo sábado 14 de setembro coa apertura en horario extraordinario de centos de espazos históricos das 15 cidades e multitude de visitas guiadas e espectáculos ao aire libre, dentro dunha oferta cultural única e gratuíta, con actividades para todos os públicos. A sétima edición do Festival de Danza Escena Patrimonio exhibirá as 15 pezas dos coreógrafos invitados.
Santiago conta dende o venres pasado cun espazo permanente e con actividades estables para promocionar a cultura maker.
Trátase do Espazo Maker Compostela, que estará ubicado na Casa das Asociacións de Cornes, e que ofrecerá diferentes actividades e obradoiros nas tardes dos venres e os sábados todo o día.
A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, presentou este novo servizo "que está destinado a impulsar a creatividade entre a veciñanza, e a fomentar a súa participación en actividades tecnolóxicas e creativas".