• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

AXUDAS AOS INVESTIMENTOS EN EQUIPAMENTO EN GALICIA

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 2024 pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas aos investimentos en equipamento en Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG408I).

As axudas reguladas nestas bases outorgaranse en réxime de concorrencia non competitiva ao abeiro do disposto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, e xustificarase a súa excepcionalidade polo especial interese en dar o apoio directamente en función dos investimentos asumidos, sen parámetros de avaliación ou discriminación entre proxectos, buscando un efecto inmediato igualitario para calquera investimento abordado polas empresas en Galicia.

Apoiar a empresa galega nos custos de investimentos en equipamentos subvencionando sobre o volume de investimento en maquinaria, bens de equipamento ou sistemas informáticos.

Conceptos subvencionables: Investimento en activos fixos tanxibles e intanxibles nos que incorra a empresa desde o 1 de xaneiro de 2024 e anteriores á data de solicitude, podendo tamén incluír investimentos que se realizarán con posterioridade á data de solicitude, ata o 10 de decembro de 2024.

• Compra de maquinaria ou bens de equipamento.

• Programas de implantación de solucións tecnolóxicas (software e hardware).

O importe mínimo de custo subvencionable total deberá acadar 40.000 €

Concederase unha axuda do 40 % ata un máximo de 300.000 € para os custos subvencionables incorridos pola empresa durante o período subvencionable, que abarca desde o 1 de xaneiro de 2024 ata o remate das actuacións propostas, que non deberá superar en ningún caso o 10 de decembro de 2024.

Documentación requerida

As persoas interesadas deberán achegar xunto coa solicitude a seguinte documentación:

 

1. Escritura ou documento xuridicamente válido de constitución, estatutos debidamente inscritos no rexistro competente, modificacións posteriores destes e acreditación da representación con que se actúa, no caso de entidades non inscritas no Rexistro Mercantil.

 

2. Para investimentos e gastos realizados antes da data de solicitude de axuda:

a) Documentación xustificativa do gasto: documentos acreditativos dos gastos consistentes en facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa, segundo o establecido no artigo 28.3 da Lei 9/2007 e no artigo 48 do Decreto 11/2009. As facturas deberá conter suficiente información que permita relacionala co gasto xustificado.

b) Documentación xustificativa do pagamento, conforme o pagamento ten sido realizado efectivamente dentro do prazo de execución, por algún dos seguintes medios: 1º. Xustificante de transferencia bancaria, certificación bancaria ou extracto bancario, ou xustificante electrónico de transferencia bancaria en que conste o código de verificación na sede electrónica da entidade bancaria ou outro mecanismo que garanta a veracidade do xustificante. Nestes documentos deberán quedar claramente identificados o receptor e o emisor do pagamento e o importe da factura. En ningún caso se admitirán os pagamentos xustificados mediante recibo do provedor, nin os pagamentos por caixa ou en efectivo. 2º. Informe de auditor de contas inscrito como exercente no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, que deberá manifestarse sobre o período de realización (facturación) e pagamento dos gastos alegados, así como sobre a existencia ou non de aboamentos ou devolucións posteriores que poidan supoñer unha redución no valor patrimonial dos bens alegados como subvencionables no expediente. No suposto de que o xustificante de pagamento inclúa varias facturas, deberase facer a relación destas no formulario de solicitude. No suposto de facturas pagadas conxuntamente con outras non referidas ás accións subvencionadas, a xustificación do pagamento débese realizar sempre mediante algún dos medios sinalados nos puntos anteriores para as facturas alegadas nas accións e, ademais, algún dos seguintes documentos: relación emitida polo banco dos pagamentos realizados, orde de pagamentos da empresa selada polo banco ou recibín asinado polo provedor, para os efectos de identificar as facturas non referidas ás accións subvencionadas. As facturas en moeda estranxeira deben presentarse con copia dos documentos bancarios de cargo nos que conste o cambio empregado.

c) Fotografías dos investimentos realizados instalados no establecemento.

 

3. Para investimentos proxectados para executar con posterioridade á data de solicitude e ata o 10 de decembro de 2024:

a) Listaxe completa dos gastos e investimentos previstos, que se deberá cubrir no formulario de solicitude.

b) As tres ofertas que deba ter solicitado a persoa beneficiaria en aplicación do artigo 29.3 da Lei de subvencións de Galicia, de acordo cos seguintes requirimentos: Cando o importe dos investimentos ou gastos subvencionables proxectados superen as contías establecidas na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, para o contrato menor (importe igual ou superior a 15.000 € no momento de publicar estas bases), a persoa beneficiaria deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores con carácter previo á adquisición do ben, agás que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de provedores que os fornezan.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

Poderán ser persoas beneficiarias destas axudas as empresas galegas ou cun centro de traballo en Galicia, que realicen calquera actividade económica coa excepción das actividades excluídas pola normativa aplicable (Regulamento (UE) nº 2023/2831-Regulamento de minimis):

• A produción primaria de produtos da pesca e da acuicultura.

• A produción primaria de produtos agrícolas e gandeiros

Requisitos

Non poderán ter a condición de persoas beneficiarias:

a) As empresas en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007.

b) As empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que teña declarada unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

c) As empresas que incumpran os prazos de pagamento previstos na Lei 3/2004, do 31 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, para subvencións de importe superior a 30.000 euros, cando os solicitantes sexan unicamente suxeitos incluídos no ámbito de aplicación da citada Lei 3/2004.

d) As empresas que no momento da resolución da axuda non se atopen ao día de débedas coas distintas administracións: AEAT, Seguridade Social e Consellería de Facenda e Administración Pública.