• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

SUBVENCIONS REFORZO DA CONECTIVIDADE EN POLIGONOS INDUSTRIAIS E CENTROS LOXISTICOS

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 2024 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, correspondentes á liña de actuación 3 de reforzo da conectividade en polígonos industriais e centros loxísticos, no marco do investimento C15.I2 do compoñente 15 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia-financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o período 2024 (código de procedemento AP400F).

Constitúe o obxecto da presente resolución a aprobación das bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, correspondente á liña de actuación 3 de reforzo da conectividade en polígonos industriais e centros loxísticos (programa Unico-Industria e empresas), previstas no Real decreto 988/2021, do 16 de novembro (BOE núm. 275, do 17 de novembro), modificado polo Real decreto 1136/2023, do 19 de decembro (BOE núm. 9, do 10 de xaneiro de 2024), e polo Real decreto 520/2024, do 4 de xuño (BOE núm. 136, do 5 de xuño), no marco do investimento C15.I2 do compoñente 15 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia-financiado pola Unión EuropeaNextGenerationEU.

Tipos de proxectos obxecto de axuda

1. Os proxectos presentados deberán dar cumprimento ao especificado no artigo 4 das bases reguladoras. En concreto, as subvencións destinaranse a cubrir investimentos e gastos directamente relacionados para instalar unha rede de comunicacións electrónicas de alta velocidade, capaz de prestar servizos a velocidades de 1 Gbps, en cada unha das fábricas, centros e dependencias que formen parte do ámbito de actuación material. Estas axudas están unicamente destinadas a microempresas, pequenas e medianas empresas (pemes), segundo se definen na Recomendación da Comisión Europea do 6 de maio de 2003.

2. O ámbito xeográfico das actuacións previstas nos proxectos deberá axustarse ás zonas elixibles establecidas no artigo 3 das bases reguladoras.

3. Cada solicitude deberá facer referencia á instalación dunha rede de comunicacións electrónicas de alta velocidade nunha única localización xeográfica (nave industrial, edificio, oficina...). Se un solicitante desexa solicitar subvencións para diferentes localizacións xeográficas, deberá presentar unha solicitude por cada unha desas localizacións.

4. O importe máximo de subvención por proxecto estará limitado a 60.000,00 € por solicitude, pola intensidade máxima de subvención establecida no artigo 4 e polos regulamentos de minimis que sexan de aplicación.

Documentación requerida

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo II) a seguinte documentación complementaria:

a) Aceptación da cesión de datos entre as administracións públicas implicadas para dar cumprimento ao previsto na normativa europea que é de aplicación e de conformidade coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais (modelo do anexo IV).

b) Declaración responsable relativa ao compromiso de cumprimento dos principios transversais establecidos no PRTR e que puidesen afectar o ámbito obxecto de xestión (modelo do anexo V).

c) Acreditación válida do poder de representación, de ser precisa.

d) Acreditación de inscrición no Censo de empresarios, profesionais e retedores da Axencia Estatal de Administración Tributaria ou no censo equivalente da Administración tributaria foral, que debe reflectir a actividade económica efectivamente desenvolta na data de solicitude da axuda.

e) Acreditación de que a persoa solicitante é unha microempresa, pequena ou mediana empresa (peme), segundo se definen na Recomendación da Comisión Europea do 6 de maio de 2003. Poderá darse cumprimento a este aspecto mediante a presentación dun certificado de tamaño empresarial ou certificado de alta de autónomos entre outros.

f) Memoria descritiva do proxecto para o cal a persoa interesada solicita a subvención, na cal se deberá facer constar a localización obxecto da actuación, e co detalle suficiente que permita garantir o cumprimento dos requisitos establecidos no artigo 4 para poder ser subvencionable.

g) Oferta seleccionada para a execución da actuación por parte da empresa instaladora, distinguindo os conceptos subvencionables e non subvencionables. As ofertas presentadas e os provedores escollidos supoñen unha documentación vinculante para o desenvolvemento do proxecto no caso de resultar persoa beneficiaria da subvención.

h) De ser o caso, outras ofertas (mínimo dúas) para a execución das actuacións en caso de aplicación do disposto no artigo 7.3. No caso de que non sexa posible obter as tres ofertas, deberá pórse de manifesto este feito mediante unha declaración responsable en que o solicitante deberá xustificar a dita imposibilidade, indicando os motivos que impediron obter as tres ofertas (ausencia de provedores do servizo na zona, non terse recibido outras ofertas a pesar de terse solicitado, etc.).

i) Para solicitudes de subvención de importe superior a 30.000,00 € deberase acreditar o nivel de cumprimento dos prazos de pagamento establecidos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais. A acreditación do nivel de cumprimento deste requisito farase segundo o disposto no artigo 13.3.bis da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións. Entenderase cumprido este requisito cando o nivel de cumprimento sexa igual ou superior á porcentaxe prevista na disposición final sexta, letra d), punto segundo, da Lei 18/2022, do 28 de setembro, de creación e crecemento de empresas.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

As persoas físicas que realicen actividade económica ou persoas xurídicas, titulares ou arrendatarias de bens inmobles situados en polígonos industriais, centros loxísticos ou noutras áreas de alta concentración empresarial como parques empresariais, viveiros de empresas e parques tecnolóxicos ou científicos, situados na Comunidade Autónoma de Galicia. Estas axudas están unicamente destinadas a microempresas, pequenas e medianas empresas (pemes), segundo se definen na Recomendación da Comisión Europea do 6 de maio de 2003.

Requisitos

Non poderán obter a condición de persoas beneficiarias:

a) As persoas nas que concorra algunha das circunstancias que prohiben a obtención da condición de persoa beneficiaria, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estar incurso nas devanditas prohibicións realizarase mediante declaración responsable da persoa interesada, con independencia das comprobacións que de forma preceptiva deba efectuar o órgano instrutor. b) As empresas en crise de acordo coa definición e condicións establecidas nas directrices da Comisión Europea sobre axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas non financeiras en crise (2014/C249/01), Diario Oficial da Unión Europea, do 31 de xullo de 2014, e o disposto no artigo 1.4.c) e 2.18) de Regulamento (UE) nº 651/2014, da Comisión, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado, texto pertinente para os efectos do EEE, Diario Oficial de Unión Europea, do 26 de xuño de 2014.

c) As empresas que se atopen suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión Europea que declarase unha axuda á persoa beneficiaria ilegal e incompatible co mercado común.