• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Coworking Compostela Digital da Cámara de Comercio de Santiago

Data de escritura

TALLER Online: Caso de éxito


MIP: unha solución tecnolóxica a medida para optimizar o teu negocio


Ferramenta de planificación automatizada das quendas de traballo

Coworking Compostel@ dixital

O vindeiro venres  24 de Novembro en horario de 12:00 a 13:00 hrs., a Cámara de Comercio de Santiago organiza, de forma GRATUÍTA, e formato ONLINE, a seguinte xornada de caso de éxito:

MIP: "unha solución tecnolóxica a medida para optimizar o teu negocio.": Ferramenta de planificación e xestión automatizada das quendas de traballo.

O obxectivo desta sesión é que os asistentes aprendan a mellorar e optimizar procesos de recursos humanos e tarefas simplificando a xestión e organización.
En particular, coñeceremos unha solución tecnolóxica, de última xeración, que substitúe a planificación manual dos calendarios de traballo, ao implementar o seu control automatizado e a súa xestión personalizada na planificación das quendas de traballo.
 

Inscríbete!

Para máis información e inscribirte nestes Talleres formativos, ou coñecer todas as actividades: Incubadora de emprendemento,  Asesoria a empresas en dixitalización, marketing, organización, RRHH, etc.  Pincha no seguinte enlace:

Eventos

Estas xornadas enmárcanse dentro do Coworking Dixital Compostela da Cámara de Comercio de Santiago que ten como obxectivo xeral crear un espazo de incubación/ aceleración para mellorar a competitividade e incrementar a produtividade das empresas, ao través do fomento da transformación dixital, a innovación e a incorporación das TIC.