• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

AXUDAS Á APICULTURA

Consellería do Medio Rural

ORDE do 19 de abril de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas á apicultura e se convocan para o ano 2023 (códigos de procedemento MR506A e MR506B).

Esta orde ten por obxecto establecer, en réxime de concorrencia competitiva, as bases reguladoras das axudas destinadas á mellora das condicións xerais de produción e comercialización dos produtos apícolas, no marco da intervención sectorial apícola recollida no Plan estratéxico nacional da política agrícola común (PAC) do Reino de España 2023-2027, e proceder á súa convocatoria para o ano 2023 (códigos de procedemento MR506A e MR506B).

Documentación requerida

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través dos formularios normalizados dispoñibles (anexo I para o procedemento MR506A e o anexo II para o procedemento MR506B) na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, que serán de uso obrigatorio para as persoas interesadas, en aplicación do artigo 66.6 da Lei 39/2015.

A presentación electrónica será obrigatoria para as persoas xurídicas titulares de explotacións apícolas, as agrupacións apícolas e as persoas traballadoras autónomas, para os trámites e actuacións que realicen coas administracións públicas no exercicio da súa actividade profesional, así como as persoas representantes dunha das anteriores. As persoas físicas titulares de explotacións apícolas que non sexan traballadoras autónomas poderán presentar opcionalmente a solicitude de forma presencial.

Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

 

Documentación complementaria (MR506A): As persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións apícolas, integradas ou non nunha agrupación de apicultores/as, que presenten solicitudes individuais, deberán achegar coa solicitude a documentación relacionada no artigo 6 das bases.

 

Documentación complementaria (MR506B): As agrupacións deberán achegar coa solicitude a documentación relacionada no artigo 7 das bases.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

As persoas físicas ou xurídicas, ou entes sen personalidade xurídica, titulares de explotacións apícolas, incluídas aquelas que sexan integrantes de explotacións de titularidade compartida previstas na Lei 35/2011, do 4 de outubro, sobre titularidade compartida das explotacións agrarias.

 

As agrupacións de apicultores/as, na medida en que os seus socios ou asociados beneficiarios das axudas cumpran os requisitos establecidos no punto anterior.

Requisitos

1. Levar realizando a actividade apícola con anterioridade ao 1 de xaneiro do ano de presentación da solicitude de axuda, fóra daqueles que iniciasen a actividade a través dun cambio de titularidade de explotacións en estado de alta con anterioridade a esa data. Ademais, quedará exenta do requisito anterior a creación de figuras asociativas ou persoas xurídicas integradas por apicultores/as que o fosen antes do 1 de xaneiro do ano de presentación da solicitude, ou a creación de explotacións de titularidade compartida en que un dos membros fose apicultor ou apicultora con anterioridade a esa data. En caso de fusións de explotacións xa existentes, considerarase a data de inicio da actividade do titular con maior antigüidade.

2. Seren titulares dunha explotación con máis de 15 colmeas para o caso das persoas apicultoras que soliciten a axuda a título individual, e con máis de 50, se solicitan axuda para realizar a transhumancia, sexan ou non persoas traballadoras autónomas.

3. Realizaren polo menos un tratamento ao ano fronte á varroose, de acordo co establecido no Real decreto 608/2006, do 19 de maio, polo que se establece e regula un programa nacional de loita e control das enfermidades das abellas do mel.

4. Disporen dun seguro de responsabilidade civil das colmeas.

5. Cumpriren as previsións contidas no Real decreto 209/2002.

6. Teren realizada a declaración censual anual obrigatoria referida ao 31 de decembro de 2022 antes do día 1 de marzo de 2023.

7. Teren realizada a validación anual do libro de rexistro de explotación apícola (CEAT) con resultado favorable antes do 1 de marzo de 2023, segundo o recollido no artigo 7.2 do Real decreto 209/2002 e no artigo 6 do Decreto 339/2009, do 11 de xuño, sobre ordenación sanitaria e zootécnica das explotacións apícolas na Comunidade Autónoma de Galicia. No que respecta á necesidade de dilixenciar o libro de rexistro, establecida no artigo 7.1 do Real decreto 209/2002, considerarase cumprida se a autoridade competente ten establecido un procedemento telemático para o rexistro da devandita documentación. As alvarizas abandonadas e as colmeas mortas non darán dereito ao cobramento de axudas.

 

Ademais, para seren beneficiarias, a solicitude de axuda deberá incluír, como mínimo, 1.500 colmeas.