A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá as bases reguladoras da convocatoria de axudas á realización de actividades de promoción e dinamización comercial, correspondente á anualidade de 2024, que conta cun orzamento de 85.000 euros.
A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, visitou esta mañá na Praza de Abastos o establecemento "Cousas do Campo", protagonista de setembro na campaña "12 comercios, 12 sensibilidades". Ao longo deste mes, o establecemento de froitas e verduras está dando a coñecer o mercado labrego semanal "Daquí darredor", e poñendo en valor os produtos frescos e de proximidade.
As interioristas DenaDinteriores e Spacio-B, Almudena Rodríguez e Beatriz Barril, adscritas a Artesanía de Galicia, presentaron esta mañá Creafogar, un espazo efémero e innovador de deseño e interiorismo que reunirá a destacados profesionais, fabricantes e artesáns galegos. A concelleira de Promoción Económica, María Rozas, tamén participou na presentación deste evento que conta co apoio e colaboración do Concello de Santiago.
Aberto o prazo ata o 1 de outubro para solicitar subvencións dirixidas a empresas de economía social
Tras a publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP) de hoxe, 30 de agosto, as empresas interesadas poderán presentar as súas solicitudes desde mañá ata o 1 de outubro. Esta convocatoria conta cun orzamento de 120.000 euros.
O Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP) acaba de publicar no día de hoxe as bases da terceira edición dos "Premios de excelencia empresarial Axenda Urbana 2030", convocada polo Concello de Santiago para premiar as boas prácticas empresariais en ámbitos como a conciliación, a innovación ou a economía circular, entre outros. O prazo de presentación de candidaturas estenderase desde mañá, 3 de setembro, ata o 1 de outubro.
No ámbito da promoción económioca, a Xunta de Goberno deu luz verde esta mañá ás bases reguladoras e ás convocatorias dos III Premios a excelencia empresarial Axenda Urbana 2030, por un valor de 60.000 euros, e das axudas destinadas a apoiar ás empresas de Economía Social de Santiago, que contará cun orzamento de 120.000 euros. A alcaldesa Goretti Sanmartín deu detalle destas iniciativas na rolda de prensa desta mañá.
A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, presentou hoxe a campaña "Feito en Santiago", unha acción que ten como obxectivo "poñer en valor as iniciativas empresariais locais que contribúen ao desenvolvemento económico do noso municipio". A iniciativa enmárcase no programa "Compostela Móvese" de apoio á cultura emprendedora, e vaise desenvolver ata o mes de novembro.
Explorar virtualmente o Museo do Pobo Galego, e facelo ademais da man de dúas figuras como Rosalía de Castro e Castelao, é posible desde hoxe grazas á app deseñada e desenvolvida polo alumnado do obradoiro de emprego Appventurers. A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, presentou hoxe a aplicación, que "pensada para outorgarlle valor engadido á visita ao espazo expositivo". Na rolda de prensa tamén participou o director do Museo, Manuel Vilar, o seu sucesor, Lois Ladra, e dous dos partipantes no obradoiro.María Rozas explicou que PoboAR é unha aplicación de realidade aumentada, que procura facer a visita ao Museo do Pobo Galego "máis educativa e inmersiva". Para utilizala é preciso descargar a app móbil, dispoñible para Android, e escanear os pictogramas que xa están instalados nas diferentes salas do museo. En cada unha delas, a aplicación fará aparecer a Rosalía de Castro ou a Castelao, que serán os encargados de explicar diferentes cuestións de cada un dos espazos expositivos. Para mellorar a experiencia, recoméndase o uso de auriculares, e a app está dispoñible en galego, castelán, francés e inglés.
A presidenta do Grupo de Cidades Patrimonio e alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, presentou hoxe a programación de ‘A Noite do Patrimonio, A Nit do Patrimoni, A Noite do Patrimonio’, que definiu como "o maior evento cultural que se celebra de forma simultánea nas 15 cidades Patrimonio Mundial e que constitúe a mellor representación da singularidade dos nosos monumentos, da nosa arte e das nosas tradicións, á vez que proxecta esta diversidade e a riqueza deste legado cultural en todo o mundo". O evento converterase de novo nun referente artístico a noite do próximo sábado 14 de setembro coa apertura en horario extraordinario de centos de espazos históricos das 15 cidades e multitude de visitas guiadas e espectáculos ao aire libre, dentro dunha oferta cultural única e gratuíta, con actividades para todos os públicos. A sétima edición do Festival de Danza Escena Patrimonio exhibirá as 15 pezas dos coreógrafos invitados.
Santiago conta dende o venres pasado cun espazo permanente e con actividades estables para promocionar a cultura maker.
Trátase do Espazo Maker Compostela, que estará ubicado na Casa das Asociacións de Cornes, e que ofrecerá diferentes actividades e obradoiros nas tardes dos venres e os sábados todo o día.
A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, presentou este novo servizo "que está destinado a impulsar a creatividade entre a veciñanza, e a fomentar a súa participación en actividades tecnolóxicas e creativas".