• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Apenas quedan dous meses para que Madrid apareza feito un poema. Ao pé das beirarrúas, nos pasos de peóns, haberá versos escritos, estendidos sobre o asfalto, á vista do camiñante. Mil cen poemas en 1.100 pasos de peóns. Abarcarán 21 distritos de Madrid e asinaranos autores de todo o mundo.

Etiquetas:
novas , participación , cultura , urbana , poesía , cidadán , cidadana

Os drons teñen moitas aplicacións empresariais. Especialmente se se combinan con outras tecnoloxías disruptivas como cloud computing, Internet das Cousas (IoT nas súas siglas en inglés), Machine ou Deep Learning, Intelixencia Artificial e o blockchain. Todas elas versan sobre os datos, as oportunidades que estes poden achegar e que, primeiro, hai que colleitar. E é aí onde os drons están chamados a xogar un papel importante pola súa eficiencia, perspectiva e reducido tamaño para moverse con axilidade e autonomía.

Etiquetas:
novas , oportunidades , mediciña , drons , loxística , seguros

Do mesmo xeito que con calquera disrupción, a electrificación dos vehículos para alimentar as nosas necesidades de transporte xerará empresas gañadoras e perdedoras. As principais industrias veranse afectadas, incluíndo o sector de petróleo e gas, pero moito antes, os sectores eléctrico e de automoción.

Etiquetas:
novas , oportunidades , rede , vehículos , electrificación , automóbiles , recarga

O mercado do comercio polo miúdo actual está a presionar aos propietarios e propietarias para que atopen novas formas de dinamizar o seu espazo con inquilinos e inquilinas alternativos, incluídos espazos de coworking.

Etiquetas:
novas , comercio , coworking , urbanismo , áreas , comerciais

Durante moitos anos, as pinturas murais que hoxe en día coñecemos como grafitis estiveron asociadas ao vandalismo, polos que os artistas tiñan que traballar co medo para ser descubertos e verse obrigados a saír fuxindo. Co tempo, os grafitis pasaron a chamarse ‘street art' e volveron a demostrar o seu valor. Nas cidades, foron os responsables de revitalizar os barrios máis pobres; e nos pobos, foron capaces de arroxar luz e beleza a paredes envellecidas polo paso do tempo e o despoboamento.

Etiquetas:
novas , cultura , deseño , murais , pintura , revitalización

Quizais agora é o momento no que a compra de frescos en liña vai desmarcar.

Etiquetas:
novas , comercio , alimentación , produtos , en liña , frescos , hortofrutícola

McKinsey publica hoxe os resultados dunha interesante enquisa

Etiquetas:
novas , enquisa , optimismo , crise , consumidores , recesión
  • O Concello de Santiago, co obxectivo de aliviar a carga fiscal das familias e empresas compostelás, adoptou un abano de medidas das que deu conta o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo despois da Xunta de Goberno. As propostas están relacionadas co IBI, coa taxa de lixo, e coa taxa de dominio público por mesas e cadeiras, e cos prezos públicos das escolas infantís e da Escola Municipal de Música. Tamén se acordou, mentres dura o estado de alarma, non cobrar os recibos das escolas infantís municipais e da Escola Municipal de Música, que continúa co servizo on-line.
  • Ademais, deuse orde de continuidade a distintas empresas que prestan servizos ao Concello garantindo así a prestación do servizo e a continuidade do emprego.
Etiquetas:
novas , empresas , comercio , mercados , desenvolvemento , emprendedores , autónomos , COVID-19

 

  • Garántese así a continuidade da prestación dos servizos e o mantemento do emprego.
  • A Xunta de Goberno Local celebrou este mércores unha sesión extraordinaria, na que avaliou a crise sanitaria do COVID-19 e na que se adoptaron diversos acordos de validación de contratos de emerxencia en relación a esta situación.
  • Entre eles, ratificáronse os contratos de subministración de produtos de alimentación e de hixiene básica con varios supermercados da cidade. Deste xeito, as familias que o precisen poden facer uso destes tíckets especiais de compra nos establecementos adheridos a esta campaña de emerxencia, que estarán debidamente identificados. As persoas que o precisen poden obter estes tíckets chamando ao teléfono 010

Etiquetas:
novas , empresas , comercio , mercados , desenvolvemento , emprendedores , autónomos , COVID-19

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, anunciou hoxe varios acordos para facer fronte a crise económica provocada polo COVID19, entre eles a gratuidade, a partir de mañá martes, de todas as zonas ORA do termo municipal, excepto os aparcamentos situados na contorna da Praza de Abastos. En total manteranse, explicou, 101 prazas de pago, 17 delas de uso compartido para carga e descarga, nas zonas de Virxe da Cerca, Travesía da Universidade, Fonte Seca, Entrepraciñas, praza da Universidade, Mazarelos e San Fiz de Solovio.

Etiquetas:
novas , empresas , comercio , mercados , desenvolvemento , emprendedores , autónomos , COVID-19