• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

A Concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois acudiu hoxe ao acto de peche do proxecto de aprendizaxe-servizo Universidade, sociedade e desenvolvemento. A aprendizaxe-servizo no eido do desenvolvemento local, no que estivo acompañada pola vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos, Mar Lorenzo; pola decana da Facultade de Ciencias Económicas, Emilia Vázquez, e polo profesorado a cargo do proxecto.

Etiquetas:
novas , USC , aprendizaxe , barrios , parroquias , EDUSI

Unha nova sinerxia entre turismo e tecnoloxía empezou a xurdir e está relacionada coa aplicación da realidade aumentada. Falamos, esencialmente, de utilizar dispositivos móbiles –sexan lentes, 'smartphones' ou 'wearables'– para engadir información e emoción ao que temos diante dos nosos ollos. Falamos de visitar o Partenón e de contemplar ao mesmo tempo unha reconstrución dixital que nos convide a coñecer e mergullarnos na súa historia. O mesmo pode dicirse dos cadros ou esculturas dun museo ou dun sinxelo paseo polas pedregosas rúas dunha cidade medieval.

Etiquetas:
novas , turismo , realidade , aumentada

Segundo a enquisa European Private Business Survey, elaborada por PwC, o 60,8% das empresas medianas europeas enquisadas asegura que lles é difícil atopar aos profesionais coas capacidades que necesitan, especialmente nos sectores de construción e inmobiliario, industrial, enerxía e servizos.

Etiquetas:
novas , talento , escasez , persoas

Cunha crecente competencia mundial pola proteína vexetal, o descenso do cultivo de leguminosas en España e en Europa agrava o déficit de abastecemento da demanda interna, tendo unha galopante dependencia das importacións, particularmente de soia, o cal supón un grave risco para a nosa balanza de pagos, ten efectos prexudiciais para o medio ambiente e, o que é máis grave, supón un risco de seguridade alimentaria, afectando á competitividade e sustentabilidade da cadea de alimentación animal pola súa situación de dependencia externa e poñendo á nosa industria cárnica en mans das oscilacións do prezo internacional da soia.

Etiquetas:
novas , cultivo , alimentación , soia , leguminosas , animal

O enoturismo rexurdiu un pouco por mor da crise tan marcada que sufriu o viño, fixo de táboa de salvación. Levamos xa anos de experiencia en enoturismo cun cambio de perfil e de aptitude tamén desde as adegas. Aumentou a actividade e tamén o interese que hai polo viño.

Etiquetas:
novas , enoturismo , vino , viñedo , gastronomía

Desde o inicio das primeiras probas con drons na localidade asturiana de Sotres, Correos seguiu traballando xunto aos principais actores españois e europeos do sector no deseño dunha solución operativa segura e eficiente para o uso de drons no transporte de mercadorías e, máis concretamente, na repartición de pequenos paquetes.

Etiquetas:
novas , drons , loxísitca , reparto , paquetes

Os supermercados de proximidade son o formato preferido por españois e españolas para facer as súas compras de alimentación e produtos de hixiene persoal e limpeza do fogar, segundo a Asociación Española de Distribuidores, Autoservizos e Supermercados (Asedas). 

Etiquetas:
novas , comercio , alimentación , minorista , compra
  • A praza de Cervantes acolleu esta mañá a última das accións de rúa para visibilizar e concienciar a veciñanza e turistas sobre a proliferación dos pisos turísticos ilegais.
  • Trátase dunha campaña de comunicación realizada en colaboración e coordinación cos concellos de Barcelona e Sevilla, que contan cunha problemática semellante á compostelá.
Etiquetas:
novas , turismo , barrios , Pisos Turísticos , Apartamentos Turísticos , Santiago Turismo Ordenado

A mobilidade urbana xa non se limita aos coches, os autobuses, os trens ou o transporte público. A nova mobilidade céntrase na mellor maneira de levar ás persoas de A a B, e a tecnoloxía actual trae consigo unha gran diversificación de formas de trasladar ás persoas e as cousas. A conxestión, a contaminación, as colisións e a crecente demanda son só algúns dos retos críticos aos que se enfronta toda cidade en termos de mobilidade. 

Etiquetas:
novas , economía , mobilidade , compartida , urbanismo

España foi en 2017 o segundo país máis visitado do mundo por detrás de Francia, e superando a Estados Unidos, segundo a Organización Mundial do Turismo. España escalou posicións nun ano no que, globalmente, o turismo aumentou un 5%.

Etiquetas:
novas , turismo , crecemento , ranking , países