As subscricións dixitais de noticias están a gañar presenza no mercado e seguirano facendo en 2018, segundo o informe Predicións TMT publicado hoxe por Deloitte. A finais de 2018, o 50% dos adultos nos países desenvolvidos terán polo menos dúas subscricións a medios exclusivamente en liña; para 2020, esta media duplicarase ata catro. Estas subscricións aumentaron a súa viabilidade grazas á evolución dos dispositivos conectados e o incremento constante das velocidades de banda ancha.
A venda de alimentación online dispararase durante o próximos tres anos, pasando de aglutinar unha cota apenas superior ao 1% na actualidade para alcanzar entre o 4% e o 6% da facturación total do sector, segundo un informe elaborado por Oliver Wyman. A consultora sinala ademais que este forte crecemento poñerá en risco a pervivencia do 15% das tendas físicas en 2020.
A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela presenta o calendario de accións de internacionalización para 2018, incluídas no Plan de Fomento das Exportacións Galegas (FOEXGA), patrocinado polo Igape co obxecto de fomentar as exportacións das empresas galegas.
Algunhas organizacións están a utilizar a tecnoloxía blockchain para reducir o custo das remesas transferidas internacionalmente polos traballadores migrantes, que suman ao redor de $ 440 mil millóns anuais, case tres veces a cantidade de axuda internacional que se brinda aos países en desenvolvemento cada ano. Actualmente estímase que polo menos $ 32 mil millóns en remesas non chegan aos destinatarios, debido ás altas tarifas de transacción asociadas co envío e recepción de diñeiro a nivel internacional.
O Código de boas prácticas nas sociedades cooperativas galegas, elaborado polo Centro de Estudos Cooperativos co apoio da Xunta de Galicia, e que foi aprobado polo Consello Galego de Cooperativas, é un instrumento co que se pretende dar resposta a estas novas necesidades, a través da enunciación dunha serie de principios e regras que pretenden ser aplicables tanto no ámbito das relacións internas das sociedades cooperativas como nas súas relacións con terceiros. Así, este código ten por obxectivo principal a procura dun comportamento transparente, honesto e responsable da cooperativa e os seus membros no seu ámbito de actuación, a busca dun impacto positivo daquela dentro da comunidade e a demanda de reflectir unha imaxe de confianza e mellora da súa reputación, propiciando deste xeito unha vantaxe competitiva e a mellora dos seus resultados.
Os sistemas de xestión intelixente colaborativa da enerxía, onde tomen protagonismo desde as grandes comercializadoras aos pequenos consumidores van ser a clave da redución de custo económico e ecolóxico nun futuro inmediato.
O custo de xeración eléctrica con enerxía eólica terrestre diminuíu ao redor dun cuarto desde o 2010, mentres que a redución do custo de xeración a partir de solar fotovoltaica caeu nun 73% desde entón, segundo unha nova análise de custos da Axencia Internacional de Enerxías Renovables ( IRENA, polas súas siglas en inglés).
As novas tecnoloxías buscan cada vez con máis afán chegar a interactuar cos seus usuarios dunha maneira natural, que prescinda de interfaces complexos que dificulten a relación entre o home e a máquina. Parte deste proceso son os asistentes de voz, eses programas que permiten comunicarse co computador ou o móbil directamente sen teclados e que, segundo un estudo dado a coñecer recentemente por Capgemini converteranse no modo dominante para realizar pedidos de comercio electrónico no próximos tres anos.
Un artigo publicado en Stanford Social Business Review argumenta que xa non podemos esperar que o goberno resolva todos os problemas da sociedade e que proporcionar apoio aos esforzos que resolven algúns destes desafíos sociais, en realidade constitúe unha vantaxe competitiva para os actores do sector privado. As organizacións orientadas a obxectivos poden construír vínculos únicos cos clientes a un nivel fundamental, e así gañar a guerra polo talento, reducir significativamente as taxas de abandono de clientes e crear unha voz poderosa e auténtica nos medios e redes sociais.
O Instituto para o Desenvolvemento e Integración da Sanidade ( IDIS) prevé que uns 140.000 pacientes internacionais contratarán algún tratamento nun centro privado español este ano. Ademais, estima que o turismo de saúde supoñerá máis de 1.000 millóns de euros en 2020 en España, un 40% máis respecto das previsións da industria para 2018.







