• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA
  • O almorzo celebrouse o 31 de outubro no Matadoiro
  • Participaron no encontro Gaia dos nenos S. Coop. Galega, Maos Innovación social, S. Coop. Galega, dehistoria, s.l.l., NUMAX, ,Panxea S. Coop. Galega, 7H S. Coop. Galega, A casa do Encontro, Sacauntos S. Coop. Galega, Culturactiva S. Coop. Galega, Feitoría Verde S. Coop. Galega e o Concello de Santiago.
Etiquetas:
novas , Economía Social , compostela móvese , emprender , cooperativas , participación

A economía circular ten como obxectivo principal preservar o valor dos recursos durante o maior tempo posible, en lugar de seguir explotando o modelo habitual baseado en extraer-producir- usar-desechar.

Etiquetas:
novas , sustentabilidade , economía , circular , mobilidade , transporte , mercadorías

Descubriuse que aplicando certos abonos a chans con problemas de altos contidos en Cadmio, poden reducir a absorción deste polas plantas por baixo dos estándares aceptados, reducindo os riscos para a saúde.

Etiquetas:
novas , cultivo , campo , agricultura , abono , oportunidade , sustentabilidade , saúde , cadmio

No Boletín Oficial do Estado número 257 do 25 de outubro de 2017 sae publicada a Lei de Reforma Urxente do Traballo Autónomo. Dita Lei inclúe melloras no Traballo dos Autónomos.

Etiquetas:
novas

O Concello de Santiago, en colaboración coa Cooperativa da Praza de Abastos, ofrecerá dende o mes de novembro ata febreiro un plan de formación para os praceiros e praceiras do Mercado, no que se estudarán as posibilidades que se abren para os seus negocios en tres campos distintos: a ilustración como ferramenta de promoción, a eficiencia enerxética e o marketing dixital. As persoas interesadas poden participar gratuitamente en todas as accións formativas ou naquelas do ámbito concreto que máis lles interese.

Etiquetas:
novas , mercados formación emprender prazadeabastos dixital compostelailustrada , formación

O uso de algoritmos e ferramentas de predición que permiten determinar o éxito dun candidato transformará a maneira na que as empresas rastrexan talento, e converterase nun factor que impactará en como teremos que buscar emprego a partir de agora. Os robots rastrexadores saberán como somos e que facemos nas redes sociais e ofrecerannos postos aínda que non busquemos traballo. 

Etiquetas:
novas

Nos últimos anos producíronse grandes cambios no campo. As novas tecnoloxías están a irromper neste sector, que hoxe en día é un dos máis innovadores e non só en maquinaria e tractores. O campo experimentou unha importante evolución noutras áreas como a trazabilidade, seguridade e calidade alimentaria, exportacións, vendas por Internet... e profesionalizouse. 

Etiquetas:
novas

Unha cultura dixital tipicamente ten cinco elementos que a definen: 1) Promove unha orientación externa, en lugar de interna. Unha cultura dixital alenta ás persoas empregadas para mirar cara a fóra e comprometerse cos clientes, coas clientas, cos socios e coas socias, para crear novas solucións. Un bo exemplo de orientación externa é o enfoque no percorrido do cliente ou da clienta; as persoas empregadas dan forma ao desenvolvemento do produto e melloran a experiencia do cliente ou da clienta poñéndose no seu lugar. 2) Premia a delegación polo control. Unha cultura dixital difunde a toma de decisións no profundo da organización. En lugar de recibir instrucións explícitas sobre como realizar o seu traballo, as empregados seguen os principios reitores para que se poida confiar no seu xuízo. 3) Alenta a ousadía sobre a precaución. Nunha cultura dixital, aléntase ás persoas para asumir riscos, fallar rapidamente e aprender, e se lles desalienta a preservar o "status quo" por hábito ou precaución. 4) Salienta máis acción e menos planificación. No cambiante mundo dixital, a planificación e a toma de decisións deben pasar de ter un enfoque a longo prazo a un de curto prazo. Unha cultura dixital apoia a necesidade de velocidade e promove a iteración continua en lugar de perfeccionar un produto ou idea antes de lanzalo. 5) Valora a colaboración máis que o esforzo individual. O éxito nunha cultura dixital lógrase a través do traballo colectivo e o intercambio de información entre divisións, unidades e funcións. O ritmo iterativo e rápido do traballo dixital require un nivel moito maior de transparencia e interacción que o que se atopa na organización tradicional.

Etiquetas:
novas , cultura , dixital , estratexia , persoas , organización

A cerdeira brava (Prunus avium) é unha especie caducifolia que adoita atoparse en Galicia como árbore acompañante en carballeiras, fragas e bosques de ribeira. A súa presenza habitual é en forma illada ou en pequenas mouteiras, preferentemente en zonas frescas e sombrías. É unha árbore produtora de madeira nobre e cun crecemento medio. Para o seu uso en plantacións forestais, recoméndase empregar clons con calidade demostrada, preferentemente de orixe autóctona, de xeito que estean adaptados ó solo e ó clima.

Etiquetas:
novas , cerdeira , forestal , explotación , madeira

A Axencia Espacial Europea adxudicou a Atos a xestión dos Servizos de Acceso a Información e Datos de Copernicus (DIAS), o programa de observación da Terra máis importante do mundo, cuxo obxectivo é facilitar o acceso aos datos dos satélites de observación. Os novos servizos ofrecerán información nova e única recompilada a partir de datos xeográficos en tempo real combinados con outras fontes de datos procedentes de diferentes sectores como industria, seguridade, seguros, servizos públicos, agricultura e servizos de emerxencia.

Etiquetas:
novas , agricultura , selvicultura , servizos , datos , satélites