• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Premios económicos por valor de 11.000 euros e a posibilidade de beneficiarse durante seis meses dos servizos de  Emprendia permitirán aos seis grupos gañadores do  XVI Concurso de  Proxectos  Empresariais Innovadores da USC afianzarse como empresas e poñer os seus avances ao servizo da sociedade. 

Etiquetas:
novas , emprendemento , tecnoloxía , universidade

 

O forno dos soños é unha proposta que surxe dun curso de emprendemento do Concello de Santiago de Compostela celebrado no CERSIA Empresa. Promovida por 7 persoas forneiras con 7 soños que queren a través desta proposta contaxiar do seu espíritu de ilusión e esforzo á maior cantidade de xente posible.

 

Etiquetas:
novas , O Forno dos soños , Economía Social , compostela móvese , emprender , participación

 

Feiroría Verde é unha cooperativa formada por catro mulleres, que entende a educación ambiental como unha ferramenta imprescindible na sensibilización e participación activa tanto no urbano coma no rural.

Como axentes de dinamización social, pretenden potenciar a capacidade de participación das persoas e colectivos, mellorando así a relación co medio ambiente. Conciben a educación ambiental como unha ferramenta para a participación, aprendizaxe mutua, intercambio de experiencias e valorización de recursos e prácticas endóxenas e innovadoras.

A Cooperativa aposta por unha economía social propiciatoria de melloras ambientais, que procura sinerxías e complementariedades entre proxectos e empresas. O seu obxectivo final é o de propiciar cambios sociais que melloren a percepción e actitude sobre o medio ambiente, integrando criterios éticos e de profesionalidade.

Etiquetas:
novas , Economía Social , cooperativas , II Foro de Economía Social

Dos 10 países europeos incluídos no estudo, España é onde máis diñeiro destinarán as familias ao Nadal. Eses 633 euros, un 3,3% máis que os 612 euros de 2016, están moi por encima da media (445 euros). Só Reino Unido, con 614 euros, achégase ao gasto español,

Etiquetas:
novas , consumo , comercio , Nadal , gasto , familias

A concelleira de Turismo, Marta Lois, presentou a terceira edición da Maker Faire Galicia, acompañada da organizadora do evento, Matilde Rodríguez. A Maker Faire Galicia, escaparate para a creatividade e o enxeño pensado para todos os públicos e disciplinas, celebrarase do 24 ao 26 de novembro na Cidade da Cultura.

Etiquetas:
novas , emprender , innovación , maker , hackerspace , fablab , artesanía , Do-It-Yourself , Do-It-Together

Segundo datos do Concello, en Barcelona hai 9.657 vivendas de uso turístico legais que ofrecen preto de 59.000 prazas de aloxamento na cidade. Para garantir a convivencia das persoas que visitas a cidade caos residentes coas que comparten leira ou barrio, un equipo xestionará os conflitos que poidan producirse. Este equipo de mediación constará de catro persoas que acudirán ás leiras onde se rexistraron denuncias e aplicarán ferramentas de mediación coa veciñanza e as persoas visitantes. Esta mediación será complementaria das actuacións administrativas que correspondan.

Etiquetas:
novas , economía , turismo , compartida , indicencias , veciñanza , residencia , convivencia

O Cable Inglés nace coa idea de dar resposta ás demandas culturais dun xeito integral. Fundada por tres mulleres en 2012, o obxectivo é propoñer solucións a medida, capaces de integrar cantos servizos sexan precisos para levar a bo termo cada experiencia cultural, xuntando as experiencias de tres profesionais especializadas en xestión, produción, deseño e comunicación.

O Cable inglés ofrece servizos de xestión cultural, deseño e comunicación dun xeito integral, desenvolvendo proxectos culturais sostibles e implicados co territorio e cos seus habitantes.

Funciona como unha cooperativa cultural de traballo asociado, onde cada unha das socias fundadoras aporta a súa experiencia nos eidos do deseño, a xestión, a produción e a comunicación; complementando esta bagaxe con achegas de socios colaboradores.

A cooperativa foi galardoada en xullo de 2013 co Premio aos Valores Cooperativos concedido polo Consello Galego de Cooperativas.

Etiquetas:
novas , Economía Social , compostela móvese , emprender , cooperativas , creatividade , cultura

Entrepedras é un bar/ restaurante, que naceu como un proxecto destinado a ofrecer en Compostela cociña vexetariana e vegana a prezos económicos, nun bo ambiente e no que todo o mundo se puidese sentir coma na propia casa.

Lucía Eiras, unha das emprendedoras que forma parte da cooperativa Entrepedras exporá a súa visión sobre da economía social no sector da hostelería.

 

Etiquetas:
novas , Economía Social , compostela móvese , emprender , cooperativas , participación , hostelería , Entrepedras

A crecente demanda de transporte urbano de alta calidade e baixo custo leva a máis de 15 anos de aumentos sostidos no número de usuarios dos sistemas de transporte público.

Etiquetas:
novas , sustentabilidade , mobilidade , transporte , multimodalidade , autobús

Neste primeiro almorzo participaron 20 persoas pertencentes á distintas cooperativas e sociedades laborais da área de Compostela, asociacións de cooperativas de ámbito galego como AGACA e representantes de outra modalidades de economía social como as empresas de inserción laboral.

 

Etiquetas:
novas , Economía Social , compostela móvese , emprender , cooperativas , participación