A tenda online da economía galega é unha plataforma común de venda en liña, na que entidades de economía social ofrecen os seus produtos e servizos ao público. En palabras dos seus fundadores “o que viría sendo como o Amazon da economía social galega”.
Unha plataforma que sirve para facilitar o acceso das entidades de economía social ao comercio electrónico, resolvendo de forma conxunta e profesionalizada os aspectos técnicos e de publicidade e marketing, necesarios para vender.
O mantemento e xestión son levados a cabo por un equipo profesional especializado: técnico informático, de comunicación e marketing, e de loxística para os envíos.
Este equipo confórmano cooperativistas do proxecto O Tendal, Luz para as túas ideas, no que están implicadas cinco cooperativas galegas: Cidadanía S. Coop Galega, Marketing Tangible S. Coop Galega, O Cable Inglés S. Coop Galega, Ítaca Software Libre S. Coop Galega e Xedega S. Coop Galega.
A Rede de Redes de Economía Alternativa e Solidaria fundouse no ano 1995, a raíz da transformación de ABSE (Asociación estatal para a banca social e ecolóxica), organismo no que estaba integrado ABSE Galicia. No ano 2000 REAS pasou a ser unha rede a nivel estatal, formando ao mesmo tempo parte da mesma: REAS Galicia.
Actualmente REAS Galicia está formada por entidades pertencentes aos sectores de produción e transformación ecolóxica, comercialización de produto ecolóxico e comercio xusto, tecnoloxías da información e comunicación, deseño gráfico, bioconstrución, inserción sociolaboral, difusión, animación e produción cultural e educativa, así como artesanía e apoio ao cooperativismo.
REAS Galicia ten como obxectivos impulsar e apoiar unha rede de empresas solidarias que fomenten o respecto ás persoas e ao medio ambiente en todos os ámbitos (produción, comercialización, construción, servizos,...). Apoia, así mesmo, o desenvolvemento de recursos financeiros éticos e solidarios. Pretende difundir e dar a coñecer a Economía Solidaria na sociedade galega, e aumentar, na nosa comunidade, o tecido empresarial con características éticas e solidarias.
7H é unha cooperativa de traballo asociado, adicada á creación e a xestión cultural, que nace para dinamizar colectivamente o traballo das súas socias e socios.
Os seus valores son os sete principios que rexen as cooperativas: adhesión libre e voluntaria, control democrático, participación económica dos socios, autonomía e independencia, educación, capacitación e información, cooperación entre cooperativas e compromiso coa comunidade.
Se as organizacións de calquera tipo queren ofrecer algo a persoas reais, teñen que ser capaces de crear unha visión clara do seu impacto e de articularse arredor de si mesmas, dos seus empregados, e especialmente das persoas cuxas vidas queren cambiarr. Hai un verdadeiro poder na narración de historias. Soa a cliché porque se di moito, pero dise moito porque é verdade.
Mais de 300 000 persoas viven da economía social en Galicia, así que é imposible que non te atopes con ela a cada paso.
A Universidade de Santiago de Compostela obtén dous dos tres premios convocados pola Real Academia Galega de Ciencias para recoñecer as mellores prácticas de transferencia de coñecemento procedente dos organismos de investigación ao tecido produtivo.
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, participou No Congreso "Retos e desafíos do desenvolvemento local" (REDEL) sobre a aplicación de novos modelos económicos ao eido local. O Congreso está dirixido a todas as entidades e profesionais que traballan por e para o desenvolvemento local, dende o ámbito público e privado, co obxectivo de analizar tendencias e compartir coñecemento e experiencias que se están a realizar nos municipios e comarcas participantes.
A sala compostelá Numax amosará o seu proxecto cooperativo no II Foro de Economía Social Inspiradora
O próximo 28 de novembro celebrarase o II Foro de Economía Social Inspiradora. Emprendemento Cooperativo no edificio municipal Cersia Empresa. O obxectivo do Concello de Santiago con este encontro é dar a coñecer e recoñecer o traballo de empresas cooperativas con valores sostibles, igualitarios e solidarios, dando visibilidade ás entidades que aparecen no Catálogo de Economía Social en Santiago de Compostela, realizado o ano pasado.
A economía cíclica, a democracia directa, a xestión colectiva dos bens comúns... moitas das ferramentas dos novos movementos sociais teñen a súa orixe no mundo rural.
O informe destaca unha aceleración da transición enerxética, detrás da cal estarían as tecnoloxías renovables, que están a revolucionar os mercados por xunto de electricidade, o cal á súa vez está a obrigar ás grandes compañías eléctricas a redefinir as súas estratexias.







