• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

O Concello de Madrid anunciou que quere reservar a determinadas organizacións o dereito para participar nos procedementos de licitación dos contratos de servizos de carácter social, cultural e de saúde, cuxo obxectivo sexa a realización dunha misión de servizo público, cuxos beneficios se reinvistan e cuxas estruturas de dirección ou propiedade da organización baséense na propiedade das persoas empregadas, ou en principios de participación, ou esixan a participación activa destas persoas. As condicións para este procedemento de reserva de mercado están definidas na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de Contratos do Sector Público.

Etiquetas:
novas , Economía Social , economía , social , innovación , empresas. mercados , RESERVA , contratación

O pasado 14 de xuño comezaban na sede da cooperativa Miraxe os Batidos Sinérxicos de Economía Social, unha aposta do Concello de Santiago coa que se quere deseñar ferramentas e accións vinculadas á promoción da economía social na cidade

Etiquetas:
novas , Economía Social , compostela móvese , emprender , eusumo , competitividade

España sitúase como o sexto país do mundo con máis tecido de "start up"' especializadas en servizos financeiros. Entre todas facturan cen millóns de euros anuais. O emerxente ecosistema das empresas tecnolóxicas de servizos financeiros está a dinamizar a contratación no sector financeiro por primeira vez en case dez anos, mentres segue aberto o duro proceso de destrución de emprego da banca tradicional.

Etiquetas:
novas , tecnoloxía , emprendimento , finanzas , dirección , financeira , fintech , segurtech

Segunda edición do programa formativo gratuíto Medrando Xuntas, iniciativa enmarcada dentro do programa Emprega en feminino, que promociona o talento feminino nas entidades de economía social continúa aberta.

Medrando Xuntas está dirixido a todas as mulleres de entidades de economía social, ben sexan socias e/ou traballadoras, responsables de dirección e/ou de goberno.

Etiquetas:
novas , Economía Social , medrando , xuntas

O comercio pode saber o comportamento das persoas compradoras desde que están fronte ao escaparate ata se finalmente realizan a compra, pero toda esta información é aínda máis útil grazas á intelixencia artificial, xa que se poden automatizar e optimizar procesos e analizar, entre outros parámetros, o tráfico e seccións con máis afluencia, o percorrido das persoas compradoras en tenda, o segundo en que deixan de ver un vídeo nunha pantalla ou, mesmo, a súa expresión facial e xénero.

Etiquetas:
novas , comercio , intelixencia , consumidor , artificial , tenda , análise , privacidade , pantallas

Sabías que en España o 75% das empresas de hostalería que inician a súa actividade non chegan ao primeiro ano de vida? E que o 90% non cumpren o quinto ano empresarial? Desde o Instituto Nacional de Estatística sinálase que unha das principais causas deste alto índice de fracaso radica nunha xestión pouco profesionalizada. Dar o salto en hostalería sen ter un bo plan de negocio, a falta de previsión e estudos de mercado adecuados, así como a falta de experiencia profesional de novos empresarios e novas empresarias hostaleiros, son algunhas das causas da problemática do sector hostaleiro.

Etiquetas:
novas , conciliación , restaurantes , felicidade , satisfacción , equipo , persoas

O futuro da vantaxe competitiva é sobresaír na capacidade de ver o que está por vir. Por tanto, non só trátase de saber executar, senón de ser sensible ao que sucede na contorna. O concepto subxacente é o que chamamos agudeza perceptiva, definida como a capacidade de comprender o que está por vir antes de que se desvele.

Etiquetas:
novas , axilidade , adaptabilidade , vixiancia , contorna , vantaxe. competitiva , ooprtunidades

No últimos tres anos, o mercado europeo de transporte de mercadorías deu un volto completo, de tal modo que se en 2016 había máis camións que cargas no continente, no primeiro trimestre deeste mesmo ano a situación é a inversa, de tal modo que os camións que traballan no continente non dan abasto para o volume de cargas, segundo reflicte o último barómetro de transporte de TimoCom publicado esta mesma semana.

Etiquetas:
novas , transporte , mercadorías , demanda , oferta , confianza , camións , m

As cadeas de bloques aínda están en plena infancia, pero non é difícil ver o seu potencial para mellorar o márketing e a publicidade, o sector da enerxía, a xestión de datos sanitarios, as eleccións e ata a industria alimentaria.

Etiquetas:
novas , enerxía , alimentación , sanidade , cadea de bloques , blockchain , publicidade , eleccións

A Mariña de Valencia instalou un banco solar que permite conectarse a internet por wifi, cargar por indución dispositivos electrónicos móbiles e acceder mediante unha pantalla táctil a aplicacións de interese para turistas e cidadáns.

Etiquetas:
novas , tecnoloxía , turismo. dispositivo. wifi , carga eléctrica