Unha das cuestións que foron deixando claro os diferentes estudos sobre como consomen as personas e sobre o que esperan dos espazos e zonas vinculados ao consumo é que as expectativas xa non son agora o que eran antes. Poida que antes as tendas e os demais escenarios vinculados ao consumo e as compras vísense como un espazo para simplemente acceder aos produtos e no que o importante era o momento mesmo da compra e adquisición.
Adecco e a súa división Adecco Outsourcing consideran que durante a campaña deste verán crearanse 1.459.700 de postos de traballo, o que supón un incremento do 12% con respecto a 2017.
Marta Lois, concelleira de Desenvolvemento Económico e Turismo; Berta Álvarez-Buylla, responsable do Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura, e Matilde Rodríguez Domínguez, co-organizadora da Galicia Maker Faire presentaron a IV edición do evento, que se celebrará no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura do 23 ao 25 de novembro
Esta mañá botaron a andar os Batidos Sinérxicos de Economía Social, encontros mensuais enmarcados no programa Compostela Móvese con S de Social 2018. Trátase de sesións temáticas que se celebrarán en diferentes espazos da cidade e que teñen como obxectivo deseñar ferramentas e accións vinculadas á economía social. A concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, participou hoxe na primeira das xuntanzas, na sede de Miraxe, Sociedade Cooperativa Galega.
Segundo un estudo de Forrester Research, estímase que 14,4 millóns de persoas traballadoras estadounidenses levarán lentes intelixentes para o desenvolvemento do seu traballo no ano 2025. Entre outras oportunidades, no ámbito industrial, existen multitude de procesos que poden facilitar información en forma de realidade aumentada dunha forma rápida e non invasiva.
A Asociación para o Progreso da Dirección (APD) elexíu Santiago de Compostela para celebrar o III Congreso Nacional de directivos financeiros (CFOs polas sigras en inglés de Chief Financial Officer).
O congreso terá lugar o vindeiro 27 de setembro.
A Asociación Forestal de Galicia e a empresa FINSA, líder en España e en Galicia na transformación de madeira de coníferas, asinaron un acordo polo que se comprometen a impulsar e liderar un plan de revalorización dos montes de piñeiro de Galicia. Ambas as partes identifican unha gran oportunidade de mercado en Europa para a madeira de piñeiro, cun incremento importante da demanda actual e futura, especialmente por parte das grandes superficies comerciais, e dos sectores dos equipamentos e da construción, dentro dun contexto xeral de revalorización da madeira como un elemento construtivo sustentable e respectuoso co medioambiente. Sen embargo, os baixos prezos da madeira de piñeiro dos últimos anos provocaron que as plantacións de piñeiro en Galicia foran perdendo terreo fronte a outras especies.
A metodoloxía de aprendizaxe-servizo unha proposta educativa innovadora, que combina procesos de aprendizaxe co servizo á comunidade nun só proxecto ben articulado, no que as persoas participantes melloran os seus coñecementos e habilidades ao traballar sobre necesidades reais da súa contorna próxima co obxectivo de mellorar a situación actual.
O vindeiro 18 de xullo ás 12 h. no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais terá lugar a presentación do proxecto "Universidade, Sociedade e Desenvolvemento. Aprendizaxe-Servizo no eido do Desenvolvemento Local". O acto é libre e gratuito.
A explosión das "start- ups" de Silicon Valley fixo que o val e, sobre todo, San Francisco, convertéranse nunha das zonas máis demandadas do país e nunha das que ten a renda per cápita máis alta de EEUU. O resultado da ecuación é que cada vez é máis difícil que os traballadores e traballadoras menos cualificados poidan acceder a un aluguer. A iso hai que sumar o incremento dos custos salariais e xa o temos: os camareiros e camareiras co soldo da súa profesión non se poden permitir vivir nunha cidade que necesita a miles destas persoas.
Ad persoas participantes do proxecto RurInno identificaron seis obstáculos e barreiras que se atopan tipicamente no establecemento dunha nova empresa social. O informe que documenta a experiencia, presenta estes seis alicerces e mostra como empresas sociais rurais lograron superar e aínda cumprir con estes obstáculos.







