• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

SUBVENCIONS DESTINADAS A APOIAR AS EMPRESAS DE ECONOMIA SOCIAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA 2026

Acordo con data do 27/07/2026 da Xunta de Gobierno Local do Concello de Santiago de Compostela polo que se aproban as bases reguladoras e  convocatoria para o ano 2026 das "AXUDAS DESTINADAS A APOIAR AS EMPRESAS DE ECONOMÍA SOCIAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA"

Establécense as bases reguladoras das axudas a empresas de economía social para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas destinadas á consolidación e o mantemento de pequenas e medianas empresas con forma xurídica de cooperativa, sociedade laboral, centro especial de emprego ou empresa de inserción definida como tal segundo o establecido na Lei de Economía.

A finalidade destas axudas é contribuír á consolidación e desenvolvemento do tecido empresarial no Concello apoiando a pequenas e medianas empresas de economía social mediante axudas ao gasto corrente no que incorren para desenvolver a súa actividade empresarial.

Documentación requerida

Xunto coa solicitude deberá achegarse a seguinte documentación:

- Formulario normalizado CS006ES debidamente cuberto en todos os seus campos e asinado electrónicamente, deberanse cubrir todos os datos, así como as declaracións responsables que en dito formulario se solicitan.

1. Alta no réxime de Seguridade Social ou Mutua profesional, elixido dos socios das persoas solicitantes.

2. Certificado de situación censual actual da AEAT. Deberá constar epígrafe da actividade, data de alta, e domicilio da actividade.

3. Escritura de constitución e/ou posteriores modificacións, da sociedade ou cooperativa, ou sociedade laboral, no seu caso NIF/CIF da empresa. 

4. DNI da persoa que ostente a representación da sociedade e documento que acredite dita representación.

5. Orixinal ou fotocopia compulsada do poder suficiente outorgado para a tramitación desta axuda a un terceiro por representante da empresa, así como DNI da persoa á que se lle outorga representación, no caso de ter delegada a un terceiro alleo á empresa a tramitación da solicitude da axuda.

6. Declaración de todas as axudas solicitadas ou concedidas, durante os tres anos anteriores, polas administracións públicas competentes ou entes públicos, nacionais ou internacionais ou, de ser o caso, unha declaración de que non se solicitou nin obtivo outras axudas ou subvencións a cumprimentar dentro do modelo de solicitude CS006ES.

7. Unha Memoria que conteña toda a información relativa á actividade económica da empresa. A extensión da memoria será de sete páxinas como máximo.

8. Calquera outra documentación que se estime necesaria para a baremación do expediente.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

Poderán resultar beneficiarios das axudas previstas nesta convocatoria as pequenas e medianas empresas con forma xurídica de cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego, e empresas de inserción (definida como tal segundo o establecido na Lei de economía Social de Galicia).

Requisitos

▪Ter iniciada a actividade o 1 de xaneiro de 2026 ou ben iniciala dentro do período subvencionable, e manterse en activo durante o ano da convocatoria.

▪Para os efectos deste programa enténdese como data de inicio de actividade aquela en a que a persoa solicitante cause alta no IAE ou, no seu caso, no censo de obrigados tributarios.

▪Ter a súa sede social, fiscal e, polo menos, un centro de traballo, no Concello de Santiago.

▪Que a súa actividade empresarial sexa viable económica, financeira e tecnicamente.

Non poderán ser beneficiarias aquelas empresas participadas por algunha Administración Pública.