• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Mckinsey actualiza os datos da súa enqusa sobre as expectativas dos consumidores durante a crise.

Etiquetas:
novas , enquisa , optimismo , consumidores , recesión , crise.

O documento de medidas económicas que está ultimando o Concello de Santiago para facer fronte á situación derivada do coronavirus, denominado Compostela Móvese 2020 COVID-19 contempla, entre outras medidas, impulsar unha liña de formación e consultoría para o asesoramento empresarial de cara a apoiar ás empresas na elaboración dos seus plans de reactivación económica, unha liña de subvención de xuros destinada a autónomos e PEMES e a creación dun Comité Económico de Crise. Segundo explica o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, trátase dun programa de reactivación económica, que abrangue diferentes ámbitos e sectores empresariais, que "nos permitirá", di, "saír da crise sanitaria coa maior normalidade posible".

Etiquetas:
novas , empresas , comercio , mercados , desenvolvemento , emprendedores , autónomos , COVID-19

Os principais bancos coinciden en que a demanda de crédito de pemes, autónomos e empresas dos últimos días esgotou a primeira liña de avais de 20.000 millóns posta a disposición polo ICO, con todo, a esta institución non lle consta que se consumiu xa todo ese importe.

Etiquetas:
novas

Os principais bancos coinciden en que a demanda de crédito de pemes, autónomos e empresas dos últimos días esgotou a primeira liña de avais de 20.000 millóns posta a disposición polo ICO, con todo, a esta institución non lle consta que se consumiu xa todo ese importe.

Etiquetas:
novas

Comunicado do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, á veciñanza de Santiago, por mor da crise do coronavirus:

Etiquetas:
novas , ALCALDÍA; VECIÑANZA; COVI19; COMERCIO; EMPRENDEDORES; EMPRESAS; DESENVOLVEMENTO

Co obxectivo de frear o avance do COVID-19, o Concello de Santiago tomará as seguintes medidas provisionais, á espera de coñecer os acordos ao respecto do Consello de Ministros e da publicación das instrucións da Xunta de Galicia:

Etiquetas:
novas

Debido á alza do custo de vida e dos alugueres, hoxe Venecia ten menos de 60 mil persoas residentes permanentes, contra 200 mil de 40 anos atrás. Calcúlase que para 2030 case non quedarán persoas residentes permanentes en Venecia. A esa altura, xa falaremos dun gran parque turístico erixido no que algunha vez foi unha cidade. Por iso, as autoridades de Venecia veñen impulsando unha serie de regulacións sobre a principal industria da cidade, o turismo.

Etiquetas:
novas , turismo , turistificación , taxa , Venecia

En España viáxase cada vez máis e de forma cada vez menos concentrada no verán. Pode ser unha consecuencia das campañas levadas a cabo para impulsar o turismo fóra dos meses con maior demanda. Segundo datos da consultora Brain Trust, pouco máis do 30% das viaxes das persoas españolas levaronse a cabo no verán, mentres que o resto dos meses repártense o 70%, con valores que oscilan cada mes entre o 5% e o 8%.

Etiquetas:
novas , turismo , rural , tendencias , viaxeiros , estacionalidade

A madeira pode ser unha excelente materia prima para reducir o consumo de plásticos. Gran parte dos obxectos que utilizamos na nosa vida cotiá son, agora, de plástico, que conseguiu substituír con éxito a outros materiais máis tradicionais. Podemos utilizar bolsas de papel como substituto das bolsas de plástico; podemos empregar utensilios de cociña de madeira; tamén cepillos de dentes de bambú; os xoguetes de madeira están a converterse en tendencia e ata a construción incrementou o uso da madeira como material básico de construción.

Etiquetas:
novas , sustentabilidade , forestal , madeira , cociña , sostibilidade , xestión.