Hoxe, mércores 17 de febreiro, faise pública a listaxe de persoas beneficiarias e solicitudes denegadas relativa á convocatoria de axudas para o rescate do sector hostaleiro afectado pola covid-19, anualidade 2020.
Hoxe, día 22 de decembro, publícase a resolución da Alcaldía pola que se require a subsanacións de deficiencias e achega de documentación das solicitudes presentadas nas convocatorias de axudas para o rescate da hostelería e restauración, comercio e sector cultural afectado pola covid-19, anualidade 2020. O prazo remata o día 30 de decembro
O Concello de Santiago, co obxecto de impulsar medidas de reactivación económica a corto, medio e longo prazo, por mor da emerxencia sanitaria provocada polo COVID19 e as sucesivas crises da mesma índole que poidan acontecer nun futuro, decidiu poñer en marcha un proxecto de posta en valor de artistas, profesionais e empresas que conforman o sector cultural de Compostela. Presentouno en rolda de prensa esta mañá a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, acompañada de Fátima Rodríguez, da empresa Promove Consultoría, responsable da execución deste programa.
O Pleno da Cámara de España, reunido o mércores 29 de Abril de forma telemática, aprobou un Documento de Propostas para a recuperación e reconstrución social e económica de España co que pretende contribuír ao diálogo que se abrirá nas próximas semanas para superar o impacto no tecido produtivo e a economía da pandemia do COVID-19.
O pequeno comercio quéixase da competencia das grandes corporacións á hora de usar as plataformas de comercio electrónico e dos últimos avances na tecnoloxía. Pero hai pequenos trucos e recursos tecnolóxicos que non están a utilizar e cos que son capaces de competir no mesmo terreo.
Nun novo informe da Organización Mundial do Turismo, « Overtourism»? Comprender e xestionar o aumento do turismo urbano máis aló das percepcións, examínase como xestionar o turismo en destinos urbanos en beneficio tanto das persoas visitantes como das persoas residentes. Propón 11 estratexias e 68 medidas para axudar a comprender e xestionar o aumento de persoas visitantes. O informe é o resultado da colaboración entre a OMT, o Centre of Expertise Leisure, Tourism & Hospitality ( CELTH) da Universidade de Ciencias Aplicadas de Breda e o Europa Tourism Futures Institute (ETFI) da Universidade Stende de Ciencias Aplicadas.
A apocalipse que se xerou Estados Unidos e está a cambiar o panorama do comercio minorista alí está a empezar a mostrar os seus efectos nas economías europeas. En Europa producirase un cambio a dúas velocidades (non necesariamente irá tan rápido como en EEUU), pero si está claro que España non permanecerá allea á situación.
Podemos así concluír que o mercado de traballo experimentou un cambio espectacular co devir tecnolóxico. En España, así como na maioría dos países da nosa contorna, atopouse evidencia de que moitos postos de traballo, aqueles máis rutineiros, foron substituídos, polo menos parcialmente, por “máquinas”, mentres que outros están a ser cada vez máis demandados.
O comecio polo miudo abre unha nova etapa. Deixada atrás a crise, o sector reactivouse en España á calor da recuperación do consumo, pero as necesidades dos operadores pouco teñen que ver coas de dez anos atrás. As tendas en eixos secundarios para gañar penetración deixaron paso a grandes tendas bandeira en eixos prime para achegarse ao consumidor.
A transformación dixital e novos servizos innovadores están cada vez máis presentes nas oficinas de información turística, lugares que a miúdo son o primeiro punto de encontro entre os visitantes e o destino.







