• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

O pasado domingo rematou esta feira de innovación, de novo online, que multiplicou por catro o número de inscritos con respecto á edición anterior así coma o seu impacto a nivel global con referentes como Keisha Howard, César de la Fuente ou Valeria Corrales.

Etiquetas:
novas , emprendemento , compostela móvese , ciencia , empresas , innovación , APD , XUNTA , MAKER FAIRE GALICIA , MAKERS , FUNDACIÓN CIDADE DA CULTURA

O programa europeo de mobilidade de emprendedores EYE GLOBAL (enmarcado dentro do Erasmus For Young Entrepreneurs) é unha iniciativa da Unión Europea na que UNINOVA, incubadora de empresas do Concello de Santiago de Compostela e da USC, vén participando como Organismo Intermediario desde o ano 2010.

Etiquetas:
novas , emprendemento , compostela móvese , innovación , UNINOVA

O evento Maker máis importante da Península comeza a descubrir as súas cartas para esta edición 100% en liña que promete ser moi potente a nivel de contidos. Tras o peche do "call for makers" ou chamada a proxectos o pasado luns, a organización confirma que foron seleccionados 60 proxectos de 7 países diferentes, cos que os asistentes poderán falar en directo ao longo das cinco xornadas que dura o evento.

Etiquetas:
novas , emprendemento , compostela móvese , ciencia , empresas , innovación , APD , XUNTA , MAKER FAIRE GALICIA , MAKERS , FUNDACIÓN CIDADE DA CULTURA

Con data de 10 de maio de 2021 públícase o extracto do Acordo de 4 de maio de 2021 da Xunta de Goberno Local do Concello de Santiago de Compostela polo que se aproban as bases reguladoras da CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA O RESCATE DA RESTAURACIÓN, HOSPEDAXE E TURISMO DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA AFECTADO POLA CRISE DA COVID-19. ANUALIDADE 2021 que o o Concello de Santiago executa no marco do convenio de colaboración entre o Concello de Santiago e a Deputación da Coruña para o desenvolvemento do proxecto “Eixos 2 e 4 do Plan de reactivación económica do Concello de Santiago” no marco do Plan de Emprego Local.

 

Pode consultar a publicación deste extracto aquí

Etiquetas:
novas , empresas , hostelería , mercados , turismo , desenvolvemento , emprendedores , autónomos , COVID-19 , RESTAURACIÓN

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, mantivo esta mañá unha xuntanza coas asociacións de comerciantes Compostela Monumental, Fundación Santiago Centro, Em-Rede e Comercio Punto Compostela co obxectivo de "preparar a convocatoria da primeira axuda de 600.000 euros" destinada a financiar o gasto corrente dos negocios que se acollan a ela.

Etiquetas:
novas , Economía Social , empresas , comercio , mercados , desenvolvemento , emprendedores , autónomos , COVID-19

Permanecerá aberto ata o 5 de xaneiro en horario de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:30 horas; estará pechado os días 24 e 25 de decembro e 1 de xaneiro; e só abrirá pola mañá o día 31 de decembro. Como novidade, nas últimas dúas quendas este ano o Mercado esténdese tamén a Área Central, polo que a opción será dobre entre os días 26 de decembro e 5 de xaneiro.

Etiquetas:
novas , comercio , Nadal , COVID-19 , MERCADO DE NADAL

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; e o ministro de Ciencia e Innovación, Pedro Duque, que asistiu de forma telemática, clausuraron o foro Talentia 2020, poñendo o broche final a unha edición especial marcada pola virtualidade a causa da pandemia. No acto tamén estivo presente o reitor da USC, Antonio López.

Etiquetas:
novas , emprego , COVID19 , teletraballo , TALENTIA

A Xunta de Goberno Local, reunida en sesión extraordinaria, aprobou a listaxe empresas beneficiarias da "convocatoria de axudas para a mellora e innovación da restauración e hospedaxe compostelá. Plan de reactivación do sector turístico COVID19"

Etiquetas:
novas , Economía Social , empresas , mercados , desenvolvemento , emprendedores , autónomos , COVID-19

Na sesión ordinaria do mes de novembro, o Pleno da Corporación aprobou o PACES, o Plan de acción para o clima e a enerxía sustentable, que busca diminuír nun 40%, como mínimo, as emisións de gases de efecto invernadoiro de aquí a 2030. Tamén se aprobaron por unanimidade dúas mocións para apoiar o comercio de proximidade e fomentar a compra de produtos galegos; e para iluminar o tramo de estrada que une Pazos coa Igrexa de Figueiras.

Etiquetas:
novas , PACES , AXENDA URBANA 2030

A praza do Obradoiro acolleu esta mañá o acto principal do Concello de Santiago con motivo da celebración do 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. A Corporación presidiu esta cerimonia, na que se leu un manifesto institucional no que se destacou, especialmente, o agravamento da situación de desigualdade a causa das consecuencias socioeconómicas derivadas da COVID19.

Etiquetas:
novas , esocial_novas , Economía Social , empresas , mercados , desenvolvemento , emprendedores , autónomos , COVID-19 , makerfairegalicia