• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Galicia conta con arredor de 210.000 hectáreas de monte ordenado, dotado de plans que organizan cuestións coma o uso do espazo, o calendario de traballos silvícolas ou os turnos de corta. Esa superficie representa un 10% de todo o monte galego, pero queda outro 90% sen planificación.

Etiquetas:
novas , forestal , madeira , monte , selvicultura , tala

A Sala Númax acoller hoxe, de 9:00 a 11:00 horas, o último dos Almorzos do bo facer. Este último encontro, que leva por título "Almorzo proxecta", culmina o proceso de recollida de ideas nacidas da interacción entre cooperativas do mesmo ámbito ou con iniciativas semellantes, dando a coñecer os proxectos que serán presentados ao Concello para ser estudados e recibir apoio. Neste almorzo participarán Concha Fernández, concelleira de Políticas Sociais, e Carme Casado, técnica municipal de Promoción Económica.

Etiquetas:
novas , Economía Social , compostela móvese , emprender , cooperativas , participación

Son catro iniciativas empresariais ( spin off) que emerxeron de grupos do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago e ao amparo da Fundación Ramón Domínguez, e que buscan nichos no mercado a partir de esforzos dedicados á I+D+i ademais de promover 18 empregos. 

Etiquetas:
novas , saúde , investigación , coñecemento , mercado , biotecnoloxía , sanidade , emprego

Logo de realizar en anos pasados varias edicións do seu evento Update en Santiago de Compostela, o afamado escritor e conferenciante Alfóns Cornellá, regresa o vindeiro 21 de decembro de 2017 para presentar o seu novo formato Radical es Normal.

Coa innovadora metodoloxía que caracteriza as presentacións de Alfons, este evento é unha oportunidade única para comprender os cambios económicos e sociais que as tecnoloxías poden provocar e detectar neles oportunidades de novos negocios. O evento é gratuito, pero o aforo é limitado. Date presa en reservar a túa praza.

Etiquetas:
novas , tecnoloxía , innovación , oportunidades , prospectiva

O Concello de Santiago vai ser o primeiro do Estado en asinar un convenio co Ministerio de Economía para a captación de fondos europeos FEDER destinados ao fomento da compra pública innovadora, no período 2014-2020. A firma deste acordo, que foi aprobada por unanimidade polo Pleno da Corporación municipal, permitirá desenvolver o proxecto Smartiago, no que o Goberno local leva traballando dende comezos do mandato.

Etiquetas:
novas , sustentabilidade , mobilidade , concello , alumeado , patrimonio

Converter a terra da agricultura convencional á produción orgánica podería reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro, a escorrentía do exceso de nitróxeno dos fertilizantes e reducir o uso de pesticidas. De acordo cun novo informe, tamén sería factible converter grandes cantidades de terra actualmente cultivada convencionalmente sen un dano catastrófico aos rendementos dos cultivos e sen a necesidade de grandes cantidades de terra nova. 

Etiquetas:
novas , cultivo , agricultura , sustentabilidade , alimentación , orgánica

A economía cíclica, a democracia directa, a xestión colectiva dos bens comúns... moitas das ferramentas dos novos movementos sociais teñen a súa orixe no mundo rural. O que hoxe chamamos economía cíclica ou circular fai miles de anos que a inventaron as comunidades campesiñas. Vémolo claramente na xestión das unidades produtivas, que integraban agricultura e gandería e pechaban os ciclos enerxéticos. 

Etiquetas:
novas , agricultura , sustentabilidade , economía circular , refugallo , lixo , gando , proveito

A Cámara de Comercio e o Concello de Santiago asinaron un convenio de colaboración para organizar conxuntamente actividades formativas e de difusión sobre emprendemento e creación de empresas e internacionalización para o ano 2017. O acordo foi asinado polo vicepresidente da Cámara, Evaristo Rodríguez, e o alcalde de Santiago, Martiño Noriega. 

Etiquetas:
novas , emprendemento , promoción , actividades

A Confederación Empresarial Española da Economía Social (CEPES) e Laboral Kutxa, no marco do convenio que teñen subscrito, impulsarán a competitividade das empresas de Economía Social a través de dúas iniciativas.

Etiquetas:
novas , Economía Social , financiamento , banca , impacto , competitividade

A Xunta e Telefónica porán en marcha en 2018 “Galicia Open Future: edición retos Industria 4.0”, un programa de apoio ao emprendemento no que os participantes deberán propoñer solucións a seis retos no ámbito da Industria 4.0, formulados por empresas tractoras.

Etiquetas:
novas , emprendemento , AMTEGA , GAIN , aceleradora , tecnoloxías , industria 4.0